Porto do Son presenta o seu IV Plan de Igualdade
Coincidindo coa celebración do 25 N, o concello de Porto do Son presentou o seu cuarto plan de igualdade. O documento que se someterá á aprobación do pleno este xoves contempla unha serie de accións e medidas que estarán vixentes ata 2028.
Denuncian a un outense que cuadriplicaba a taxa de alcol e circulaba sen permiso
Un septuaxenario outense enfróntase a penas que poderían carrexar prisión de tres a seis meses, unha multa de un a dous anos ou a realización de traballos en beneficio da comunidade durante un período de entre 31 e 91 días. A razón. Conducir baixo os efectos do alcol, dando unha taxa de alcolemia catro veces superior á permitida.
A delegada da Xunta na Coruña clausura o obradoiro de emprego Noia-Lousame
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu esta mañá o acto de clausura do obradoiro de emprego conxunto levado a cabo polos concellos de Noia e Lousame. Na experiencia formativa-laboral, no módulo de actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, participaron un total de 20 alumnos de ambos municipios.
Noia organiza unhas xornadas para enxalzar os produtos da Ría
‘Noia sabe aMar’. Con este lema tan explícito, a concellería de Turismo e a confraría de pescadores levarán a cabo unhas xornadas gastronómicas. Serán os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, na praza de abastos da localidade. Incluirán degustacións de prdutos da Ría e showcookings a cargo de cociñeiros locais
Trabandainas organiza unha nova andaina solidaria en favor da Asociación Misela
O Club Trabandainas de Noia organiza unha nova edición da súa andaina solidaria en favor da asociación a Misela. A actividade desenvolverase este vindeiro domingo a partir das dez da mañá dende a alameda noiesa.
Noia acolle este sábado o II Trofeo Vila de Noia de Patinaxe
Noia acolle este vindeiro sábado 23 de novembro o segundo Trofeo Vila de Noia de Patinaxe. A competición desenvolverase no pavillón municipal Agustín Mourís e nel prevese unha participación dun cento de patinadores.
Noia presenta a programación do 25N
A concellería de Servizos de Noia presentou esta mañá a programación co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha das actividades máis destacadas terá lugar o propio 25N. Será unha concentración, ás once e media da mañá diante do Coliseo Noela, na que participarán os centros educativos do municipio e na que se dará lectura a un manifesto.
Lousame pon en marcha a campaña ‘Quérenme ben’ para conmemoral o 25N
O concello de Lousame pon en marcha a campaña ‘Quérenme ben’ a través das redes sociais para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para animar á participación, haberá varios premios a sortear entre os que realicen as súas achegas.
Outes dá un novo paso cara a creación de chan empresarial coa aprobación da...
Outes contará por fin con chan industrial trala aprobación definitiva da modificación do PXOM que permitirá desenvolver solo empresarial no lugar de Xurisdición. O concello iniciará agora os trámites para desenvolver o plan parcial de cara á urbanización do futuro polígono.
1.500 escolares participan en Noia nas clasificatorias de cross do programa Xogade
O estadio de San Lázaro en Noia acollía esta mañá unha das clasificatorias do campionato de cross, enmarcado no programa Xogade da Xunta en idade escolar. Na proba tomaron parte preto de 1500 escolares de diferentes centros educativos de Noia, Porto do Son, Muros, Outes, Brión e Lousame.

















