O BNG insiste na necesidade de regular un protocolo de baleirado dos encoros
O BNG volverá a levar ó Parlamento unha iniciativa para instar á Xunta a regular dunha vez o baleirado e limpeza dos encoros. Os nacionalistas pretenden así evitar os danos que estas prácticas, bastante habituais por parte das empresas hidroeléctricas, coa chegada das chuvias, poden causar ós bancos marisqueiros.
Bota a andar en Lousame a iniciativa ‘De monte a monte: territorios resilentes’
A proposta, enmarcada no programa Erasmus+, unirá durante un período de ano e medio a comunidades galegas e portuguesas co fin de acadar formas de xestión do territorio máis resilentes fronte ó cambio climático, ós incendios forestais e a perda de biodiverdade.
A Xunta destinará uns 600 mil euros á humanización da explanada portuaria de Labarta
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, anunciaba esta mañá en Noia varios investimentos en materia portuaria nesta comarca incluídos nos orzamentos do Goberno Autonómico para 2025. Entre as actuacións previstas figura a reordenación da explanada portuaria de Labarta e a dragaxe do peirao de Testal.
Outes mantén as restriccións de consumo de auga da traída municipal polo brote de...
Outes mantén as restriccións de consumo de auga da traída municipal polo brote de gastroenterite. Actualmente son máis de medio cento os veciños afectados. Dende o Concello mostraron a súa preocupación por este episodio, mentres se agarda por coñecer o resultado das analíticas, para poder atallar canto antes o problema de raíz.
O alcalde de Noia perde a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos
O alcalde de Noia perdeu hoxe a cuestión de confianza vinculada á aprobación definitiva dos orzamentos municipais. O goberno bipartito noiés, agora en minoría trala marcha do edil Luís Alamancos, atopouse de fronte co resto de grupos que conforman a oposición, que agora terán un prazo dun mes para presentar unha moción de censura.
O concello de Porto do Son homenaxea a Noa Romero, bronce mundial en taekwondo
A corporación municipal de Porto do Son brindaba este mediodía unha recepción á taekwondista Noa Romero. Buscan así recoñecer o esforzo da deportista que vén de acadar a medalla de bronce no Mundial de Taekwondo Junior.
Máis marisco do agardado no inicio da campaña de Noia
Os mariscadores de Noia volveron esta mañá ó traballo no inicio dunha campaña que comezou mellor do agardado. Abonda a ameixa xapónica e o berberecho de terceira e cuarta polo que non tiveron dificultades para coller os topes en menos de dúas horas.
Noia ultima os preparativos para a Mostra de Curtas que celebra este ano o...
Noia acollerá entre o 30 de outubro e o 9 de novembro a vixésimo quinta edición da súa Mostra de Curtas. Medio cento de cintas participarán no certame. Foron seleccionadas entre os máis de 1200 traballos presentados.
Os mariscadores de Noia volverán ó traballo o luns con poucas expectativas
A campaña marisqueira de Noia arrancará o próximo luns. As perspectivas non son boas aínda que si mellores que o pasado cando a actividade extractiva tivo que paralizarse 10 días despois do seu comezo, ante a escaseza de recurso.
A borrasca Kirk deixa pegada no Barbanza
Nas comarcas do Barbanza e Muros e Noia rexistráronse un regueiro de incidencias. A maioría delas de pouca consideración. A máis grave, en Porto do Son, onde o forte vento tirou con varias das paredes do polideportivo anexo ó instituto Fraga do Noivo. Motivo que obrigou á suspensión das clases.

















