Volven a reclamar cambios na normativa de baleirado dos encoros

As Plataformas en Defensa das Rías de Arousa e Muros-Noia, apoiadas doutros colectivos do mar, como é o caso de varias confrarías, agrupacións de mariscadores e asociacións de bateeiros, veñen de remitirlle un escrito á Xunta, a través do cal, insisten na necesidade dun cambio no actual modelo, para evitar que se repita, un ano máis, a elevada mortaldade de marisco nas praias.

Noia reestrutura o seu goberno trala marcha de Alamancos ó que acusan de transfuguismo

A crise aberta no seo do goberno de Noia coa marcha do concelleiro Luís Alamancos obrigou a reestruturar as distintas áreas do executivo. O grupo popular xa mantivo unha xuntanza cos concelleiros do NOIA para redefinir as responsabilidades de goberno.

Ruptura no seo do goberno noiés coa renuncia de Luís Alamancos tras votar en...

Sorpresa no pleno de Noia. O concelleiro do PP Luís Alamancos votou en contra da proposta de orzamentos do executivo impedindo a súa aprobación. O ata agora edil popular abandona as filas populares aínda que seguirá como edil no grupo mixto.

GaliciAME celebra este domingo en Porto do Son unha andaina solidaria

PORTO DO SON> Despois do éxito da celebrada en Cambados, a Fundación GaliciAME dá o salto ó Barbanza, e desenvolverá este vindeiro domingo 29...

Investigan a un noiés por unha plantación de marihuana

NOIA> A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia investigou a un veciño da localidade ó que lle atoparon unha plantación...

O BNG de Noia pide que se incremente a partida orzamentaria destinada ás axudas...

O BNG de Noia demanda un incremento da partida orzamentaria destinada ás axudas escolares. Máis de 20 familias quedaron excluídas na resolución provisional das subvencións para o comedor e a compra de material.

Noia, Palma e Anderlecht disputarán o VII Trofeo Portus Apostoli de fútbol sala

A vindeira fin de semana, Noia converterase na capital do fútbol sala. entre o 27 e o 28 de setembro acollerá a VII edición do Trofeo Portus Apostoli. Ademais do equipo local, participarán o Palma Futsal e o Anderlecht de Bélxica.

O BNG de Noia pide que se complete a rehabilitación do IES Virxe do...

O BNG de Noia solicitará no pleno que se dea continuidade ó proxecto de rehabilitación do IES Virxe do Mar. Trala intervención que está a piques de concluír na fachada principal demandan á Xunta que actúe tamén nos muros laterais e posterior para a posta en valor de todo o inmoble.

Controlado o incendio forestal que arrasou 15 hectáreas e calcinou tres coches en Caamaño

Controlado o incendio na parroquia sonense de Caamaño que a pasada madrugada arrasou 15 hectáreas de monte. O lume calcinou varios vehículos estacionados nas proximidades taller e achegouse moi preto das vivendas aínda que finalmente non foi preciso desaloxar ós veciños.

A Xunta propón nun informe a fusión de Meaño con Sanxenxo e de Lousame...

A Xunta reabre o debate sobre a posible fusión de concellos. O goberno galego presentará este xoves un informe no que propón sete posibles fusións. Na nosa zona de cobertura habería dous casos: a unión de Noia con Lousame e a de Sanxenxo con Meaño.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete