Costura e patchwork enchen de arte a casa da cultura do Porto do Son

A Casa da Cultura do Porto do Son acolleu esta fin de semana a inauguración da exposición de Patchwork, Costura e Labores de Agulla. A mostra recolle máis dun ano de traballo do alumnado que participa nos cursos que se imparte tanto en Portosín como no Porto do Son.

O Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva

O Real Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva. O presidente José Codesido deu a coñecer os nomes das persoas que o acompañarán nesta singradura na que  destacan antigos membros con gran experiencia e novas incorporacións.

Noia celebrará a diversidade co I Berberechiña Fest

O concello de Noia celebrará o sábado 13 de xuño a Berberechiña Fest. Trátase dunha xornada lúdica e reivindicativa para visibilizar os dereitos do colectivo LGTBI a través de diversas propostas lúdicas.

O Porto do Son volve acoller unha proba da Liga Galega de Andainas

O Porto do Son acollerá este domingo unha proba da Liga Galega de Andainas. A organización, a cargo do Club Trabandainas, agarda reunir a preto de 700 deportistas nas dúas categorías da proba que se divide nunha andaina longa e outra curta.

Máis de 300 parellas volverán citarse en Outes no Máster Nacional de Futbolín A...

O éxito da primeira edición, animou á Asociación Cultural a Riola a organizar o segundo Máster de Futbolín Concello de Outes. Desenvolverase entre o 26 e o 28 de xuño no pavillón municipal onde se reunirán máis de 300 parellas participantes procedentes de toda España.

Aberto o prazo para inscribirse no ‘Lousame Concilia’ que este verán será gratuíto

Aberto o prazo para participar no programa ‘Lousame Concilia Verán’ que pon en marcha o concello para ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias. Por primeira vez, será de balde para tódolos participantes e terán prioridade os empadroados no municipio.

A Xunta anuncia o acondicionamento de varios tramos incluídos no Camiño do Litoral

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, anunciou esta mañá en Outes a licitación das obras de acondicionamento dun tramo dun vial tradicional que une Ribadomar e Seilán. A actuación enmárcase no itinerario do futuro Camiño do Litoral de Galicia, unha ruta que vertebrará de norte a sur a costa galega, e que poderá percorrerse a pé ou en bicicleta.

Noia vivirá o 27 de xuño un Sancosmeiro cargado de novidades

Noia encherase de tradición o próximo 27 de xuño coa celebración da festa Pon un Sancosmeiro. Esta celebración ten como protagonistas ós veciños encargados de poñer en valor a cultura popular noiesa.

A primeira fase do desdobramento da autovía Brión-Noia entrará en funcionamento en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as obras de conversión en autovía do corredor Brión-Noia. Trátase segundo el dunha actuación estratéxica para mellorar a conexión entre a área de Santiago e a comarca noiesa. Nesta primeira fase do proxecto, no treito que une os concellos de Brión e Rois, o Goberno Galego investirá uns 11’2 millóns de euros.

Deteñen a tres persoas en Noia relacionadas co tráfico de drogas

A Garda Civil detivo a tres persoas en Noia por un presunto delito de tráfico de drogas. Foi no marco da denominada operación ‘Patineta’. Os detidos empregaban este tipo de vehículo para desprazarse e facer a entrega das substancias. Durante o rexistro na vivenda os axentes interviñeron diversos obxectos procedentes de roubos cometidos na zona.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete