A Xunta asina coa confraría de Noia o primeiro convenio do plan de rexeneración...

A Consellería do Mar e a confraría de Noia asinaron esta mañá un convenio por valor de 1’6 millóns de euros. Trátase do primeiro dos acordos subscritos no marco do paquete de axudas de 23 millóns aprobadas pola Xunta para compensar os traballos de rexeneración dos bancos.

O Porto do Son pecha o mes de maio cun ciclo de maxia

O Porto do Son pechará o mes de maio con maxia. Os magos Vituco e Kenneth ofrecerán dous espectáculos de ilusionismo que farán as delicias de nenos e maiores. Serán o 23 e o 30 de maio.

Nace a regata Desafío Rías Baixas NB21

Nace unha nova cita velística, o Desafio Rías Baixas NB21. A regata, organizada polo Real Club Náutico Portosín e o Liceo Marítimo de Bouzas, terá lugar a última fin de semana de maio, os días 30 e 31. Estará dirixida ás categorías de Solitarios, A 2 e A3.

A Deputación da Coruña e Anmupesca poñen en valor o papel das mulleres no...

A Deputación da Coruña e  Anmupesca conmemoraron o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo cun acto celebrado esta fin de semana en Noia. O presidente provincial puxo en valor o papel feminino en tódolos chanzos da cadea mar – industria.

A deputada provincial de Plans supervisa en Outes varias obras do POS

A deputada responsable de Plans na Deputación da Coruña visitou o concello de Outes para coñecer algunhas actuacións executadas con cargo a fondos provinciais. Ademais da execución de beirarrúas e canalizacións no cruceiro de Roo, visitou o antigo colexio onde se vai acometer o acondicionamento interior para albergar a escola de música no primeiro andar.

En marcha a mellora de servizos na rúa Brasil

Noia continúa coa realización de diferentes actuacións de mellora de servizos en varias zonas do Concello. Ás obras realizadas na Albariza e na rúa Pontevedra, súmase agora un novo proxecto que ten coma finalidade a instalación dunha nova rede de saneamento e renovación do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada, no barrio de San Lázaro.

Fin de semana de descontos en Noia coa Pink Fashion

Arrinca en Noia unha nova edición da Pink Fashion. Na proposta, que organiza a asociación Noia Histórica, tomarán parte máis de trinta establecementos comerciais da localidade que ofrecerán os seus produtos cun 20% de desconto.

Portosín repite na organización do Campionato Galego de Wingfoil

Por segundo ano consecutivo as aguas da ría de Muros e Noia volverán a acoller o Campionato Galego de Wingfoil. A cita organizada polo Real Club Náutico de Portosín e a Federación Galega de Vela terá lugar esta vindeira fin de semana, 16 e 17 de maio. Na proba tomarán parte os mellores especialistas desta disciplina de gran espectacularidade.

Unha nova senda peonil e ciclista reforzará a seguridade na AC-550 ó seu paso...

A Xunta de Galicia executará unha senda peonil na AC-550 á saída do núcleo de Portosín. O proxecto, que hoxe mesmo saíu a exposición pública, implicará a expropiación de 26 parcelas cunha superficie total de 687 metros cadrados. O investimento para a súa execución supera os dous millóns e medio de euros.

Noia recupera o Campo da Feira para o uso público

O concello de Noia avanza na posta en valor do centro urbano coa mellora executada no campo de Feira. Procedeuse ó acondicionamento dos xardíns e os camiños así como ó arranxo dos desaugues.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete