O Conselleiro de Xuventude destaca en Porto do Son o incremento de prazas nos...
O Conselleiro de Xuventude inaugurou os campamentos que promove a Xunta durante o verán. Fíxoo en Porto do Son, nas instalacións do campamento do Loreto, que recibiron xa á primeira quenda de mozos procedentes de diversos puntos de Galicia e mesmo doutras comunidades.
O Bon Terceiro de Víctor Carrión faise coa Regata Ramiro Carregal Rey
O Bon Terceiro de Victor Carrión faise coa regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo disputada esta pasada fin de semana en augas das rías de Arousa e Muros-Noia. Na proba, que chegou este ano a súa 25 edición, tomaron parte unha trintena de embarcacións de diferentes clubs náuticos da zona.
Uns trinta barcos participarán na XXV Regata Ramiro Carregal Rey
As instalacións do Real Club Náutico de Portosín acollían este mediodía a presentación da vixésimo quinta edición da Regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo. A cita, unha das máis senlleiras das que se celebran na comarca do Barbanza, disputarase esta vindeira fin de semana, os días 28 e 29.
O IES de Porto do Son busca ampliar a súa oferta formativa cun Grao...
A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou hoxe o IES de Porto do Son onde se imparte o Ciclo Medio de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre. Dada a alta demanda desta especialidade, o centro solicitou a implantación do Grao Superior para o vindeiro curso.
Mar promove a competitividade do sector pesqueiro a través dun cento de cursos formativos
O Conselleiro do Mar desprazouse ata a confraría de Porto do Son para participar nas actividades formativas que está a impartir a Xunta. Un total de 17 entidades do sector resultaron beneficiarias destas axudas que financian preto dun cento de cursos.
O pregón de José Ortoño dá inicio á Semana Santa de Porto do Son
Todo listo en Porto do Son para celebrar a Semana Santa que dará comezo este venres. Os dferentes actos que se levarán a cabo foron presentados nun acto celebrado a pasada tarde na capela da Atalaia. Contou coa presenza do párroco de Noia, José Ortoño, encargado de dar lectura ó pregón.
O novo alumeado do campo de fútbol de Porto do Son supón un aforro...
O concello de Porto do Son segue a promover actuacións de aforro enerxético nas instalacións municipais. A última consistiu na substitución do alumeado do campo de fútbol grazas a unha subvención da Consellería de Presidencia.
Portosín e Outes abrirán o Campionato de España de Motonáutica Inclusiva
A Ría de Muros e Noia será escenario un ano máis do arranque do Campionato de España de Motonáutica Inclusiva. A primeira das probas terá lugar xa este sábado 29 de marzo en Portosín. Unha semana despois a competición trasladarase a Outes, coa disputa da segunda proba do Campionato, no porto Freixo. As dúas serán valedoiras tamén para o campionato galego.
Os xubilados de Porto do Son estrean sede con vistas ó mar
Os xubilados de Porto do Son contan cunha nova sede social. Emprázase na facahda marítima nun inmoble duns 600 metros cadrados. Ademais de actividades recreativas, o novo club acollerá cursos e propostas culturais, constituíndo un punto de encontro para os maiores sonenses.
A Xunta habilitará tres novas sendas peonís na AC-550 ó seu paso por Portosín
A Xunta habilitará tres sendas peonís na estrada AC-550 ó seu paso polo termo municipal de Porto do Son. Así o anunciou a Conselleira de Vivenda e Infraestruturas na visita realizada esta mañá á zona de Mariño, onde se acometerá unha das actuacións. O investimento total será de millón e medio de euros.


















