O apagón viviuse con preocupación en Ribeira, un dos últimos concellos en recuperar o...

RIBEIRA> A pesar de que as incidencias non foron graves, a situación viviuse con certa preocupación no Barbanza. A falla de información e a...

Muros mobilízase para esixir máis pediatras

Uns 300 veciños concentráronse este sábado no Curro da Praza de Muros para demandar a incorporación dun pediatra. Levan máis dun ano cun profesional de baixa e tan só un médico en activo, compartido co concello de Carnota.

Rianxo e Boiro postúlanse para acoller as novas residencias por parellas anunciadas pola Xunta

Os concellos de Boiro e Rianxo inician unha nova colaboración en materia social coa proposta á Xunta de dúas residencias nos municipios. Responden así ó anuncio do gfoberno autonómico de construír residencias por parellas en concellos limítrofes de menos de 50 mil habitantes.

O Taller Alecrín conmemorará na Pobra o Día da Danza cunha clase aberta

O concello da Pobra conmemorará o Día Internacional da Danza cun espectáculo de baile. Será este xoves na praza Alcalde Segundo Durán a cargo do Taller Alecrín. 50 alumnos realizarán unha exhibición de diferentes bailes en liña e por parella na que os espectadores están convidados a participar.

Sete centros de educación especial participarán no Campionato Barista en Boiro

Sete centros de educación especial participarán no Campionato Barista que se celebra en Boiro o 15 de maio. Dous alumnos de cada escola disputaranse o título a través de tres probas nas que deberán elaborar diferentes especialidades de café.

Éxito de participación na Feira de San Marcos con máis de 70 cabalos a...

Noia volveu vivir unha das súas festas máis tradicionais: o San Marcos. O atractivo principal foi a Feira Cabalar que reuniu a centos de veciños e visitantes. A xornada prolongouse ata ven entrada a noite coa verbena a cargo da orquestra Finisterre e unha discomóbil.

Aberto o prazo para presentar candidaturas ós Premios PEL da Deputación

A Deputación da Coruña abreo o prazo de presentación de candidaturas á sétima edición dos Premios PEL. As empresas interesadas en optar a algún dos premios das tres categorías, teñen ata o 16 de maio para facer chegar a súa proposta.

Noia acolle este sábado unha velada de deportes de contacto

Noia volverá vivir este sábado unha xornada de deportes de contacto con participantes de primeiro nivel. O pavillón Agustín Mourís acollerá dende as seis e media da tarde unha velada organizada polo Club de Loita Noia.

A azotea do concello de Boiro acollerá un espectáculo de ballet polo Día Mundial...

O concello de Boiro celebrará o Día Mundial da Danza cun espectáculo de baile a cargo da escola CienPliés. Será este domingo nun escenario incomparable: a azotea da casa consistorial.

Podemos urxe unha solución conxunta ós vertidos da Ribeiriña

Podemos Galicia demanda unha solución urxente ós vertidos da Ribeiriña. A súa coordinadora, Isabel Faraldo, visitou a zona para coñecer o alcance do problema no que deben implicarse tódalas administracións.

REDES SOCIAIS

40,742FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete