Heredeiros da Crus e Monolius Dop integran o cartel do Estival Fest de Noia
Sete anos despois do seu primeiro concerto conxunto, Monolius Dop e Heredeiros da Crus volverán actuar xuntos en Noia. Será no Estival Fest que se celebrará o 17 de maio no recinto do IES Campo de San Alberto.
Investigan a autoría dos actos vandálicos cometidos na piscina e no campo de fútbol...
A piscina municipal de Noia e o campo de fútbol Julio Mato foron obxecto de actos vandálicos nos últimos días . A Garda Civil abriu unha investigación para identificar ós autores dos roubos e danos rexistrados nestas instalacións municipais.
O concello de Muros esixe a Sanidade a incorporación dun pediatra para normalizar o...
O Curro da praza de Muros acollerá este sábado unha concentración para demandar a incorporación dun pediatra. O SERGAS leva un ano sen cubrir a baixa de longa duración dun dos médicos polo que o servizo conta tan só cun facultativo compartido con CArnota.
O albergue de peregrinos da Chaínza entrará en servizo este verán
A Conselleira do medio Rural desprazouse esta mañá ata Noia para coñecer as novas instalacións do albergue da Chaínza. A reforma do inmoble contou cunha achega de 200 mil euros xestionada a través do Grupo de Desenvolvemento rural DELOA con fondos LEADER.
Éxito do 8º Mercado Solidario do CEIP O Grupo
Como cada ano, o CEIP O Grupo aproveitou a conmemoración do Día do Libro par afacer gala da súa solidariedade. Acompañados por alumnos de Aguiño e Artes desenvolveron un mercado solidario no que intercambiaron libros por alimentos. O recadado foi destinado a Cáritas e ICE Renovación.
Mar promove a competitividade do sector pesqueiro a través dun cento de cursos formativos
O Conselleiro do Mar desprazouse ata a confraría de Porto do Son para participar nas actividades formativas que está a impartir a Xunta. Un total de 17 entidades do sector resultaron beneficiarias destas axudas que financian preto dun cento de cursos.
O PSOE de Rianxo esixe maior claridade nos criterios de aplicación da ordenanza de...
O PSOE de Rianxo solicita información sobre a aplicación da ordenanza reguladora dos vaos. Os socialistas entenden que se debe paralizar o cobro ata a modificación do texto segundo a normativa fiscal vixente.
350 nenos participarán na XXXVII Promoción do Ciclismo en Boiro
Boiro acollerá este sábado a trixésimo sétima Promoción do Cliclismo, gran Premio Ricardo Riveiro. Preto de 350 deportistas daranse cita no evento que inclúe probas dende as categorías promesa ata junior. É puntuable para a Copa Galicia Porvir.
A Asociación de Empresarios de Ribeira sortea mil euros polo Día da Nai
Máis de medio cento de establecementos participarán na campaña do Día da Nai que promove a Asociación de Empresarios de Ribeira. Ademais do premio especial de mil euros, sortearase unha cea e varias cestas da compra.
Falece un veciño de Palmeira tras quedar atrapado baixo o seu vehículo
A Garda Civil investiga as circunstancias dun accidente mortal acontecido esta fin de semana en Palmeira. Un home de 36 anos faleceu tras quedar atrapado baixo o seu vehículo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo.

















