600 remeiros daranse cita no Campionato Provincial de Bateis na Pobra
O Club de Remo Pobra celebra o seu segundo Campionato Provincial de Bateis. A cita terá lugar esta vindeira fin de semana, o sábado 12 e domingo 13 de abril no porto da localidade. Na pobra participarán 600 remeiros chegados de 12 clubs da provincia da Coruña.
María Rivas fai balance dos investimentos do Goberno Central en Lousame
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá os concellos de Lousame. A visita respondía á rolda de contactos que a representante do Goberno Central está a manter cos concellos da provincia. Na visita fixo alusión á aposta do Goberno por dotar ó rural galego de máis e mellores servizos que axuden a fixar poboación.
O pregón de José Ortoño dá inicio á Semana Santa de Porto do Son
Todo listo en Porto do Son para celebrar a Semana Santa que dará comezo este venres. Os dferentes actos que se levarán a cabo foron presentados nun acto celebrado a pasada tarde na capela da Atalaia. Contou coa presenza do párroco de Noia, José Ortoño, encargado de dar lectura ó pregón.
Vegalsa-Eroski doa cinco mil euros a AMICOS procedentes dos programas de reciclaxe
A cadea Vegalsa-Eroski entregou esta mañá un cheque á asociación Amicos por valor duns 5 mil euros. Os fondos, recadados a través de programas de reciclaxe, serán destinados a reforzar os proxectos medioambientais da entidade así como a impulsar a mellora das oportunidades de emprego das persoas con discapacidade intelectual.
Máis de mil nenos participarán no Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa
Máis de mil nenos participarán no Torneo Solidario de Fútbol Base Congalsa que se celebrará na Pobra o 24 e o 25 de maio. Como en anteriores edicións, a finalidade do evento deportivo é a recadación de fondos para a fundación Aladina.
Ribeira volverá ser sede do Encontro de Embarcacións Tradicionais entre o 17 e o...
Ribeira acollerá este verán o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo e contará cuns 150 barcos. Haberá ademais un extenso programa de actividades culturais e degustacións gastronómicas ó longo das catro xornadas.
Dez alumnos fórmanse no módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV
Un total de 20 alumnos están a formarse nos módulos de carpintería e forestal do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns 4 de Boiro. O alcalde visitou esta mañá o taller de carpintería no Centro de Formación de Espiñeira.
A Semana Santa de Noia contará por primeira vez cun paso infantil
Noia vivirá a súa Semana Santa cun amplo programa de actividades relixiosas. A principal novidade deste ano será a estrea dun paso infantil. Unha decena de nenos da confraría do Nazareno sairán o Xoves Santo na procesión das Carracas.
O PSOE recolle de boca do sector os problemas do mar en Arousa
O Partido Socialista organizou esta mañá en Rianxo un encontro con representantes do mar co fin de analizar o estado actual do sector na ría de Arousa. Á xuntanza asistiron o portavoz de pesca no Parlamento galego, Julia Abalde, e o eurodeputado Nicolás González Casares.
Ribeira repetirá coa campaña de control das colonias felinas iniciada o pasado ano
Ribeira repetirá coa campaña de control das colonias felinas iniciada o pasado ano, dando así cumprimento á Ordenanza Municipal de Protección e Tenencia de Animais de Compañía e á lei de Protección de Benestar Animal.


















