O Ministro de Pesca de Cabo Verde coñece Jealsa
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este mediodía as instalacións da conserveira Jealsa, en Boiro, acompañando ó ministro do Mar de Cabo Verde, Jorge Mauricio dos Santos. A visita de hoxe daba continuidade á rolda de contactos que o dirixente do país africano está a levar a cabo estes días en Galicia.
Patrimonio e natureza conforman a proposta de Turismo da Pobra para esta Semana Santa
A Concellería de Turismo da Pobra programou unha serie de actividades de lecer para a Semana Santa. Ademais de visitas guiadas polo patrimonio e a contorna natural realizarase unha xornada de xogos populares para os máis cativos.
O Barbanza disporá de autobuses gratuítos para acudir á manifestación pola sanidade este domingo
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza fai unha chamada á participación na manifestación convocada por SOS Galicia para este domingo en Santiago para reclamar melloras na atención primaria e hospitalaria, e en contra da privatización e o desmantelamento da sanidade pública. A entidade alugará varios autocares con saídas dende os catro concellos de Barbanza-Arousa, para poder asistir a esta gran mobilización en Compostela.
Memoria Histórica dignificará o papel das madriñas republicanas cunha homenaxe en Rianxo
Rianxo será escenario este sábado dunha emotiva homenaxe ás madriñas republicanas. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e a Deputación da Coruña promoven este acto que busca poñer en valor o labor altruísta e solidario destas mulleres apoiando ós presos dos campos de concentración.
A ABE presenta o novo catálogo de agasallos coa Festa da Primavera
A Asociación Boirense de Empresas presentou o novo catálogo de premios do seu sistema de fidelización para esta primavera. A plataforma vén de bater récord de participación con 4200 clientes rexistrados e 200 establecementos participantes.
A Pobra acolle esta fin de semana dúas probas da Liga Galega de Bateis
Os afeccionados ó remo teñen esta fin de semana dúas citas na Pobra. O sábado disputarase a sexta bandeira de bateis do concello que forma parte da liga galega. O domingo terá lugar a final de finais na que participarán equipos de toda a comunidade.
Ribeira avanza nas políticas de accesibilidade coa pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño
O executivo ribeirense avanza na mellora da accesibilidade con obras en diversas parroquias. En Aguiño, estase a acometer a pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño que inclúe ademais medidas de calmado de tráfico para incrementar a seguridade viaria.
O Pazo de Goiáns acolle este sábado o XV Festival de Bandas
O Pazo de Goiáns acolle este sábado o decimo quinto Festival de bandas de música. Contará con máis dun cento de músicos en escena, tanto da escola de música de Boiro como da banda de música convidada procedente da localidade toledana de Yeles
O novo alumeado do campo de fútbol de Porto do Son supón un aforro...
O concello de Porto do Son segue a promover actuacións de aforro enerxético nas instalacións municipais. A última consistiu na substitución do alumeado do campo de fútbol grazas a unha subvención da Consellería de Presidencia.
A Creba disporá dunha nova sede no centro de Noia
A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou esta mañá as instalacións da Creba en Noia. Begoña Abeijón interesouse polo proxecto de construción da nova sede no que a Xunta leva investidos máis de 350 mil euros.

















