Aguiño estrea comisión de festas

A parroquia ribeirense de Aguiño xa conta cunha nova comisión de festas. Trala dimisión da anterior directiva, un equipo de máis de 20 persoas, liderado por Julio Abraldes, colleu as rendas da entidade. A primeira das actividades que desenvolverán será a Festa da Xuventude, o próximo 23 de maio.

Ribeira inviste preto de 90 mil euros na pavimentación da Rúa dos Curros en...

O concello de Ribeira está a acometer a pavimentación da Rúa dos Curros en Castiñeiras, un proxecto de preto de 90 mil euros enmarcado no Plan de Obras e Servizos da Deputación. As obras, que estarán rematadas ó longo desta semana, veñen de satisfacer unha vella demanda veciñal ante o mal estado que presentaba o firme.

Boiro recibe a visita dunha delegación do municipio caboverdiano de Tarrafal

Representantes do municipio de Tarrafal, en Cabo Verde, visitaron Boiro no marco do proxecto  de Apoio ó Desenvolvemento Económico Local do Municipio do Tarrafal,  do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ademais de ser recibidos no Concello, a delegación caboverdiana tivo tempo tamén de visitar varias empresas da localidade vinculadas ó sector do mar, como é o caso da cetárea Ángel Mar e a firma JJ Chicolino.

Expertos culturais debaten en Boiro sobre o acceso á cultura como dereito

O Pazo de Goiáns acolleu a primeira das xornadas promovidas polo Consello da Cultura Galega. O obxectivo era analizar o acceso á cultura como un dereito en colaboración cos axentes culturais, entidades asociativas e institucións públicas

O Consorcio aproba o novo convenio para o persoal dos parques de bombeiros da...

O Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña aprobou  o convenio colectivo e a nova RPT do servizo, con melloras laborais para os bombeiros. O acordo recolle melloras salariais de máis de oito euros anuais por bombeiro, ademais do aumento do persoal en 80 bombeiros máis, que se sumarán ós 174 xa existentes nos dez parques comarcais da provincia.

As confrarías estudan a proposta de Mar para o Plan de Explotación do Polbo

A Consellería do Mar e as confrarías ultiman os detalles para o Plan de Explotación do Polbo. A proposta da administración contempla unha parada biolóxica en abril seguida dunha veda de dous meses. Entre o sector hai división de opinións.

O Centro Sociocomunitario da Pobra volve ofertar o programa de envellecemento activo

A concellería de Servizos Sociais e o Centro Sociocomunitario da Pobra volven poñer en marcha o programa de Envellecemento Activo. Ofertaranse os cursos de musicoterapia e de estimulación cognitiva, divididos en dous semestres

Abre o prazo para os cursos preparatorios de acceso ó Conservatorio de Ribeira

O Conservatorio de Ribeira acollerá neste terceiro trimestre un amplo programa de actividades formativa e concertos. Ademais dos cursos preparatorios para as probas de acceso, destacan os últimos tres encontros da Aula Galega de Saxofón.

A Pobra pon en marcha unha nova fase do programa de compostaxe

A Pobra Caramiñal repetirá, por sexto ano consecutivo, a campaña de compostaxe. A iniciativa levarase a cabo da man de Sogama co fin de seguir promovendo a compostaxe no municipio.

Miles de persoas claman na Pobra contra o proxecto de Altri

Miles de persoas secundaron a manifestación en contra de Altri celebrada este sábado na Pobra. Acompañadas de medio milleiro de barcos, berraron en contra do proxecto da planta de celulosa e tamén da Mina do Touro polo seu impacto ambiental en Galicia.

REDES SOCIAIS

40,742FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete