A delegada da Xunta supervisa en Boiro a ampliación do comedor no CEIP Santa...

A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou esta mañá varios centros educativos do Barbanza nos que se teñen acometido melloras. Entre eles, o CEIP Santa María do Castro que conta cun novo comedor ou o IES Félix Muriel de Rianxo no que se procedeu á renovación da carpintería exterior.

BNG e PSOE piden á Xunta que rectifique e non autorice o proxecto de...

Ademais de asociacións e cidadáns anónimos, a mobilización contou coa presenza de tódalas forzas políticas agás o PP. Tamén se sumaron á protesta colectivos ecoloxistas de toda Galicia.

Ribeira celebrou un xantar do maior con récord de asistencia

Ribeira celebrou onte domingo o tradicional xantar da terceira idade. A comida reuníu na Fieiteira a un milleiro de maiores. Unha cifra récord, que demostra o tirón que teñen este tipo de eventos.

Portosín e Outes abrirán o Campionato de España de Motonáutica Inclusiva

A Ría de Muros e Noia será escenario un ano máis do arranque do Campionato de España de Motonáutica Inclusiva. A primeira das probas terá lugar xa este sábado 29 de marzo en Portosín. Unha semana despois a competición trasladarase a Outes, coa disputa da segunda proba do Campionato, no porto  Freixo. As dúas serán valedoiras tamén para o campionato galego.

O PSOE da Barbanza chama a mobilizarse contra Altri

O PSOE da Barbanza fai unha chamada tamén á mobilizacion convocada para mañá sábado, ás 12, na Pobra contra Altri. Para os socialistas barbanzáns, de levarse adiante este macroproxecto de celulosa significaría unha grave ameaza para a nosa comarca, véndose gravemente afectado o noso medio de vida e o noso futuro

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza retoma as mobilizacións semanais en Ribeira

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza acordou manter as concentracións dos xoves no centro de saúde de Ribeira para reclamar a incorporación de tres médicos. Así o decidiron na asemblea celebrada a pasada tarde na que tamén secundarán a mobilización convocada por  SOS Sanidade Pública o 6 de abril Compostela.

O concello de Boiro dotará ó Campo da Mina de herba artificial

O concello de Boiro vén de sacar a licitación o proxecto de mellora do campo da Mina, en Lampón, para dotalo de herba artificial. A actuación, cun orzamento de máis de 700 mil euros, financiarase con cargo ó POS da Deputación da Coruña.

Máis de 20 agrupacións musicais participarán no Pasabares do Carme do Castelo

Os pobrenses teñen unha cita co tradicional Pasabares que organiza a Comisión de Festas do Carme do Castelo. Será o sábado de 29 marzo e contará coa participación dunha vintena de grupos tradicionais e outros tantos locais hostaleiros.

Máis dun cento de embarcacións participarán na VII Bandeira de Bateis de Ribeira

Máis de 500 remeiros daranse cita este domingo en Ribeira para participar na VII Bandeira de Bateis do concello. A proba forma parte da Liga Galega de Bateis.

‘Martinho’ deixa un regueiro de incidencias en Barbanza

A borrasca ‘Martinho’ deixouse notar tamén no Barbanza durante toda a noite e principalmente, a primeiras horas desta mañá. Os equipos de emerxencias tiveron traballo arreo, con numerosas incidencias, aínda que a maioría delas sen demasiada importancia.

REDES SOCIAIS

40,742FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete