A XI BTT Ría de Noia será o domingo 9 de marzo
Esta mañá presentábase a undécima edición da BTT Ría de Noia. A proba, organizada polo Club Ciclista Toxo, celebrarase o domingo 9 de marzo. Nela prevese unha participación próxima ós 400 corredores.
Ramiro Carregal recibe a Medalla de Ouro da Federación Galega de Vela
Ramiro Carregal recibiu a Medalla de Ouro da Real Federación Galega de Vela. Con este distintivo, entregado no transcurso dun acto no Club Náutico de Ribeira, a entidade pretende recoñecer o inestimable labor do empresario no fomento e difusión deste deporte.
O PP demanda melloras na contorna da Casa da Cultura de Castiñeiras
O concello de Ribeira acometerá o acondicionamento da Casa da Cultura de Castiñeiras e a súa contorna. Así o acordou a corporación de xeito unánime a raíz dunha proposta do Partido Popular.
Sesións de teatro afeccionado e monólogos no ‘Marzo a Escena’ de Ribeira
O auditorio de Ribeira acollerá ó longo deste mes de marzo varias sesións de teatro afeccionado e dous monólogos. A entrada para todos estes espectáculos será de balde pero será preciso retirar invitación media hora antes do comezo de cada función.
Ribeira Atlántica 2030 aspira a trasformar a zona de Bandourrío con fondos europeos
O concello de Ribeira concorrerá ós fondos europeos EDIL co Proxecto Ribeira Atlántica 2030. Contempla a transformación integral da zona de Bandourrío coa rehabilitación da nave de Cerqueira como centro sociocultural e o derrube do auditorio vello para a construción dun aparcadoiro soterrado.
As Amas de Casa de Ribeira volverán homenaxear ós maiores cunha chocolatada
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira volverá homenaxear ós maiores do municipio cunha xornada de confraternidade. Será o domingo día 9 cunha chocolatada e posterior baile no restaurante Baiuca.
Detidas catro persoas en Boiro por diversos roubos cometidos no verán
A Garda Civil de Boiro detivo a catro persoas, tres homes e unha muller, coma presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio. Foi no marco da denominada operación Larpeiros. Despois de pasar todos eles a disposición xudicial, o xuíz decretou o ingreso en prisión para dous deles.
Boiro Novo critica o cobro polo uso da piscina sen unha oferta completa do...
A decisión do executivo local de iniciar a cobrar polo uso da piscina municipal, sen ter aínda unha oferta de servizos completa para ofrecerlla ós usuarios, levantou as queixas de Boiro Novo. Dende a formación mostraron o seu malestar coa deriva que, segundo eles, está a tomar o Concello no actual mandato, no que a maior parte das iniciativas pasan pola suba sistemática de taxas e impostos, sen que estes se traduzan, en ningún caso pola mellora dos servizos.
Francisco Calo convértese no novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura
Francisco Calo é o novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura contra o xa ex rexedor Manuel González. No pleno celebrado esta mañá vivíronse momentos de gran tensión, especialmente durante a intervención de Tono Caamaño.
O PP de Boiro respaldará a modificación da RPT
BOIRO> Así valora o PP o acordo entre o comité de empresa que representa os traballadores municipais e o Concello para a modificación da relación...

















