Investigadas sete persoas por unha presunta estafa a unha veciña de Muros

A Garda Civil investigou a un total de sete persoas como presuntas dun delito de estafa e outro de usurpación de estado civil a raíz da denuncia formulada no cuartel de Muros por unha veciña da localidade. Os feitos remóntanse xa ao mes de setembro, data na que se presentou a denuncia. 

Caamaño non podería formar parte do novo goberno nin recibir salario algún do Concello

Un informe xurídico elaborado pola secretaria municipal de Outes afirma que o edil Tono Caamaño, unha vez ratificada a súa expulsión do Partido Socialista, deberá pasar á condición de concelleiro non adscrito, polo que non poderá formar parte do goberno que xurda da moción de censura nin tampouco recibir salario algún do Concello.

Arranca en Noia a Semana Saudable co queixo galego como protagonista

Os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida son os protagonistas da Semana Saudable que arrancou esta mañá en Noia. Unha das primeiras actividades tivo lugar no centro ocupacional da Misela onde os seus usuarios coñeceron os beneficios de consumir lácteos.

Ribeira avanza na transformación do bordo litoral de Castiñeiras coa remodelación da Amexida

O concello de Ribeira segue a acometer actuacións para avanzar nun novo modelo de cidade con máis zonas verdes e espazos de lecer. A próxima será a remodelación da fronte litoral de Ameixida na parroquia de Castiñeiras.

AMICOS pon en marcha un proxecto de conservación de corais mariños

A asociación AMICOS vén de poñer en marcha un proxecto para a conservación de corais. As voluntarias instalaron na lonxa de Ribeira un hospital para as colonias desta especie. O obxectivo final é a reinserción no mar tras un complexo proceso de recuperación.

O BNG pide aumentar a capacidade do depósito na ETAP de Noia

O BNG de Noia levará de novo ó Parlamento os problemas de turbidez da auga que se dan a cotío na rede de abastecemento municipal. As obras de mellora da ETAP que se están a desenvolver actualmente, nas que a Xunta inviste 1’3 millóns de euros, son para eles insuficientes, e non darán solución a este problema. Dende o BNG piden aumentar a capacidade do depósito actual.

Detido o presunto autor do roubo das imaxes de Santa Rita en Beluso

A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño de Lousame como presunto autor do roubo da imaxe de Santa Rita na capela de Ponte Beluso. O detido facíase pasar por operario dunha empresa de obras e servizos para acceder ás instalacións sen levantar sospeitas.

Conservas Cerqueira implanta dúas novas liñas de conxelado grazas a unha achega de Mar

O Conselleiro do Mar realizou unha visita á fábrica de Conservas Cerqueira, en Rianxo, para coñecer as melloras que se están a executar con cargo a unha axuda autonómica para transformación. A empresa está a ultimar a posta en marcha dun almacén automatizado e dúas liñas para conxelado.

O goberno outense cifra en 2’4 millóns de euros os investimentos realizados no actual...

A escasos días da celebración do pleno da moción de censura, o goberno de Outes fixo un balance das actuacións levadas a cabo ó longo do presente mandato, algunhas delas xa concluídas, outras a piques de facelo, e outras cunha tramitación moi avanzada. Supoñen máis de medio cento de obras cun valor estimado de máis de 2’4 millóns de euros.

A presidenta da Comisión de Pesca do Senado recolle en Ribeira as inquedanzas do...

A presidenta da Comisión de Pesca do Senado visitou Ribeira para coñecer as principais demandas da flota pesqueira. Acompañada polo senador Manuel Ruíz e outros integrantes do Grupo Popular coñeceu as instalacións da conserveira Lou, a lonxa ribeirense e a escola Náutico-Pesqueira.

REDES SOCIAIS

40,746FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete