Outes dispón xa da primeira vivenda social municipal
Outes dispón xa da primeira vivenda social municipal. Está emprazada na antiga vivenda do mestre, na unitaria do Bosque. A actuación supuxo un investimento de preto dos 85 mil euros.
Noia presenta a súa programación de entroido
Noia repartirá este ano máis de oito mil euros en premios no concurso de disfraces do Rally París–Dakar que terá lugar o venres 7 de marzo de febreiro. Será un dos principais atractivos do entroido noiés que este ano vén cargado de importantes novidades, como é a festa infantil que se desenvolverá o luns 3 de marzo no pavillón Alonso Rodríguez, a partir das 5 da tarde.
AMBAR conecta as dúas marxes da ría de Arousa mediante un proxecto de accesibilidade
A lonxa de Ribeira acolleu a pasada tarde a presentación do proxecto Ría de Arousa Accesible que promove a asociación AMBAR en colaboración coa confraría da Illa. O obxectivo do programa, que conta cunha subvención dos GALP, é favorecer a accesibilidade no litoral con accións concretas dende o sector marítimo pesqueiro.
Barbanza Arousa presenta achegas ó novo concurso de transporte público
Rematado o prazo de presentación de achegas convocado pola Xunta de cara á licitación do novo concurso de transporte público, os alcalde do Barbanza propoñen dous eixos de actuación para vertebrar a comarca. Por unha banda, servizos directos que conecten os catro concellos con Compostela combinadas con liñas entre os municipios para o transporte de proximidade.
Ribeira e a Fundación Rosalía estreitan lazos coa plantación dunha figueira
Ribeira celebrou este mediodía o acto central da Semana de Rosalía. O alcalde e o presidente da Fundación Rosalía de Castro plantaron nas inmediacións da Casa da Mocidade unha figueira procedente da Casa da Matanza.
Dous barbanzáns na candidatura alternativa ó Colexio de Avogados da Coruña
Dous barbanzáns figuran na lista de ‘Avogacía polo Cambio’, a candidatura alternativa que se presenta ás eleccións do Colexio de Avogados da Coruña. Os obxectivos desta lista, encabezada por María José Almodóvar, pasan pola renovación dos órganos na busca de mellores condicións para os letrados e a creación dun estatuto propio.
Outes presenta orzamento a escasos días da moción de censura
Aínda que é improbable que cheguen a tramitarse, o goberno de Outes presentou esta mañá a súa proposta de orzamentos para este 2025. Faino a escasos días da celebración do pleno da moción de censura, polo que, con toda seguridade, o goberno saínte, os retirará da orde do día do pleno ordinario deste mes de febreiro, convocado para o xoves 28.
O PP de Boiro denuncia a perda dunha subvención para o sendeiro do Río...
O Partido Popular de Boiro denuncia que as obras de conexión entre o paseo do Río Breiro e Exipto quedaron inacabadas por mor da mala xestión do executivo municipal. O sendeiro queda interrompido no lugar de Berres ó chegar a unha finca privada cuxa afectación non se negociou co propietario.
Noia acolle o III Memorial de Boxeo Tono da Silva
Noia celebra este sábado a terceira edición do memorial Tono Da Silva. Organizado polo Club SKT, a cita terá lugar nos locais da Sociedade Liceo a partir das seis e media da tarde. A velada incluirá varios combates de púxiles locais, entre eles Silvestre Gómez, que debuta no boxeo profesional.
Arden máis dun cento de nasas no porto de Ribeira
Os bombeiros de Ribeira interviñeron esta pasada madrugada nun incendio declarado no porto de Ribeira onde arderon máis dun cento de nasas. As perdas para o propietario ascenden a preto de catro mil euros. Todo apunta a que o lume foi intencionado.

















