Concello de Boiro e traballadores asinan a nova RPT tras ano e medio de...

O goberno de Boiro chegou a acordo co comité de empresa para o a modificación da Relación de Postos de Traballo. A nova RPT inclúe a actualización salarial de tódolos traballadores á que se destinará preto dun millón de euros.

Unhas 700 persoas participarán na andaina de Noia deste domingo

Noia acollerá este vindeiro domingo unha nova andaina. A proba, organizada polo Club Trabandainas, forma parte da Liga Galega de Andainas 2025 e está incluída tamén na Liga Ibérica de Sendeirismo.

O mércores de cinza será o día grande do entroido en Outes

Outes celebrará o entroido coa súa cita máis tradicional. O enterro da sardiña congregará ós veciños o mércores de cinza na praza de Galicia. Celebrarase tamén o concurso de disfraces que repartirá preto de tres mil euros en premios.

O PSOE de Rianxo pide axilizar os trámites para a aprobación definitiva do PXOM

O PSOE de Rianxo pide información sobre o estado de tramitación do PXOM. Case dous anos e medio despois da aprobación provisional do documento, os socialistas descoñecen en que fase se atopa a súa tramitación e urxen á aprobación definitiva do mesmo para avanzar no desenvolvemento urbanístico do municipio.

Os veciños de Río Azor verán mellorado o subministro de auga coa renovación da...

O concello de Ribeira vén de sacar a licitación as obras de renovación da rede de abastecemento en Río Azor. Esta actuación, cun orzamento de máis de 100 mil euros, mellorará o servizo que reciben un cento de vivendas, afectadas na actualidade por caídas de presión e escaso caudal.

Ribeira programa unha semana de actividades co gallo do Día de Rosalía

Co gallo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o concello de Ribeira programou unha serie de actividades conmemorativas durante toda a semana. Un dos actos principais será a plantación dunha figueira

A Coruña presume xa do maior plató virtual de España

O Coruña Estudio Inmersivo (CEI), impulsado pola Deputación da Coruña foi posible grazas aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno Central cun investimento total de 9 millóns de euros. O espazo foi inaugurado esta mañá polo ministro de Transformación Dixital, Óscar López, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O concello de Ribeira estuda rehabilitar vivendas tradicionais para alugueiro social

A Xunta de Galicia planifica a construción de vivenda pública en Ribeira.  A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas solicitou ó goberno central a cesión duns terreos propiedade da Sareb. Tamén o concello está a dar pasos nesta liña coa proposta de rehabilitación de vivenda tradicional para destinala a alugueiro social.

O polígono de Espiñeira recibe máis de 100 mil euros da Xunta para melloras...

A delegada territorial da Xunta na Coruña, mantivo un encontro cos empresarios do polígono de Espiñeira, en Boiro. Ademais de interesarse polas demandas do colectivo, Belén Docampo tivo ocasión de visitar as obras executadas con cargo ás axudas da Consellería de Economía e Industria para mellorar os parques empresariais.

Queremos Galego Barbanza anima ós veciños da comarca a sumarse á mobilización do día...

Queremos Galego Barbanza anima á veciñanza a sumarse á manifestación en defensa da lingua que terá lugar o día 23 en Compostela. Baixo o lema ´Lingua Vital Xa’ reivindicarán a necesidade de dar cumprimento ó Plan Xeral de Normalización Lingüística.

REDES SOCIAIS

40,750FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete