Noia presenta a ‘Semana Saudable’ que xirará este ano ao redor do queixo con...
A concellería de Educación de Noia vai a iniciar un novo proxecto educativo. Trátase da Semana Saudable, que este ano xirará ó redor dos queixos galegos con denominación de orixe protexida. Terá lugar a semana do 24 ó 28 de febreiro e nela tomarán parte os centros educativos do municipio, así como as asociacións A Creba e Misela.
O BNG esixe novamente un regulamento de baleirado e limpeza de encoros
O BNG levará de novo ó Parlamento unha iniciativa para reclamarlle á Xunta a elaboración dun regulamento de baleirado e limpeza daqueles encoros que son da súa competencia. Os nacionalistas insisten na afección negativa que estas prácticas producen na actividade produtiva das rías.
Detido un sonense por estafa continuada a través do uso fraudulento de tarxetas de...
A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño de Porto do Son como presunto autor de varios delitos de estafa continuada. Os feitos tiveron lugar en diversos establecementos das provincias da Coruña e Pontevedra entre novembro de 2024 e xaneiro de 2025.
Tres concellos do Barbanza estudan mancomunar o servizo de recollida do lixo
Os concellos do Barbanza dan un paso máis á hora de mancomunar servizos. Rianxo, Boiro e A Pobra están a estudar un sistema conxunto de xestión de residuos que permita abaratar os custos e prestar un mellor servizo á veciñanza.
A hostalería de Outes súmase á campaña ‘Caldo de Gloria’ polo Día de Rosalía
O concello de Outes sumouse este ano ós actos convocados pola Fundación Rosalía de Castro e Hostelería.gal para conmemorar o nacemento da escritora. En colaboración coa hostalería local ofrecerán ‘caldo de gloria’ de tapa a última fin de semana de febreiro.
Compromiso Outes e BNG acusan a Caamaño de moverse por intereses persoais e traizoar...
Superada a sorpresa inicial causada pola presentación da moción de censura, os responsables do goberno de Outes expuxeron as súas reaccións ante esta manobra que, previsiblemente, os afastará do concello. O pleno para aprobar a moción e investir ó novo alcalde celebrarase o 25 de febreiro.
Mar trasládalle ó sector a súa vontade de mellorar a produtividade do libre marisqueo
Os patróns maiores da ría de Arousa mantiveron un encontro co conselleiro do Mar para analizar a situación do libre marisqueo. Na xuntanza acordaron levar adiante diferentes accións de cara a recuperar a produtividade dos bancos.
O edil do PSOE de Outes presenta unha moción de censura xunto co PP
Moción de censura á vista en Outes. Esta mañá o Partido Popular e o edil díscolo do Partido Socialista, Tono Caamaño, que a pasada semana decidira abandonar o goberno tripartito, presentaron a proposta para un cambio de goberno. A nova caeu coma unha bomba, xa que ninguén presaxiaba este xiro de guión.
Os alcaldes de Boiro, Rianxo e A Pobra comproban a boa evolución do Plan...
Os alcaldes de Boiro, Rianxo e A Pobra visitaron esta mañá o Centro de Formación de Espiñeira onde se está a desenvolver o Programa Integrado de Emprego. Hai anos que as tres administracións colaboran nesta iniciativa conxunta que vén acadando índices de inserción laboral moi elevados.
O PP de Ribeira urxe a retirada dos coches abandonados ó carón dos Xulgados
O PP de Ribeira denuncia a existencia de varios puntos de vertido incontrolados en todo o termo municipal. Un dos máis preocupantes, denuncian os populares, é o depósito de vehículos abandonados a carón dos xulgados.

















