Concello de Boiro e asociacións colaboran na organización do programa do entroido

Boiro volverá a vivir por todo o alto o seu entroido con citas para tódolos públicos. Ademais das actividades organizadas polo concello, co desfile de disfraces á cabeza, destacan as citas promovidas polas asociacións como a Festa da Orella de Porco da Boliña ou o festival das peñas.

Entran en vigor os cambios circulatorios na contorna das Casas Baratas en Ribeira

Xa entraron en vigor os cambios circulatorios na contorna da praza do Centenario e o auditorio de Ribeira para mellorar a fluidez do tráfico no casco urbano. A rúa Mariño de Rivera pasa a ser de dobre dirección mentres que as rúas da Feira, Pedro Arias e Barbanza cambian de sentido.

A Deputación da Coruña inviste preto de 11 millóns de euros do POS no...

O presidente da Deputación da Coruña visitou esta mañá o concello de Ribeira para facer un balance dos investimentos do POS non só no municipio senón en toda a comarca do Barbanza.

O PSOE de Rianxo crítico coa situación económica do Concello

O voceiro do PSOE de Rianxo, Óscar Rial, carga de novo contra a xestión económica do  equipo de goberno. Segundo el situación está a poñer en serio risco a estabilidade orzamentaria do Concello.

O PP de Ribeira reprocha ó goberno a perda dunha subvención para o polígono...

O PP de Ribeira denuncia a perda dunha subvención de repotenciación para o futuro polígono. Segundo a súa voceira, trátase dunha mostra máis do desinterese do goberno local por crear chan industrial no municipio.

Prisión para un dos dous ribeirenses detidos polo alixo de cocaína en Asturias

Prisión para un dos dous detidos de Ribeira relacionados co alixo de cocaína incautado a pasada semana na costa asturiana. O Xulgado de Pravia, que é quen instrúe o caso, decretou prisión provisional e sen fianza para el e para outros tres detidos, coma autores dun presunto delito contra a saúde pública. Trátase de F.M.V., xa con antecedentes policiais anteriores vinculados ó tráfico de drogas.

A BTT de Rianxo reunirá a preto de 500 participantes entre probas ciclistas e...

Medio milleiro de deportistas daranse cita en Rianxo para participar na Ruta BTT e Andaina que se celebra o domingo 16. A proba ciclista componse de tres distancias mentres que os que opten por percorrido a pé deberán completar un circuíto de 22 quilómetros.

Usuarios da piscina da Pobra demandan medidas de seguridade nas instalacións

Usuarios da piscina municipal da Pobra demandan a instalación dunha varanda de seguridade para que as persoas con mobilidade reducida poidan introducirse na auga.

Ribeira aproba o POS+ 2025 da Deputación da Coruña

A corporación municipal ribeirense celebrou onte pola noite unha sesión plenaria con carácter extraordinario que serviu para aprobar o POS Plus da Deputación da Coruña para este ano 2025, no que ó municipio lle corresponden 1’7 millóns de euros. Dese total, uns 800 mil euros serán destinados a gasto corrente, e a cantidade restante á realización de obras.

O concello de Ribeira acometerá unha reforma integral na Rúa Romero Ortiz

O mal estado da rúa Romero Ortiz motivou numerosas queixas de usuarios que alertan do risco de caídas e de danos nos vehículos. O concello de Ribeira acometerá unha actuación integral para substituír as lousas de granito por un novo pavimento.

REDES SOCIAIS

40,750FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete