O PP leva ó Senado os vertidos de hidrocarburos na Ribeiriña

O PP levará ó Senado os problemas de vertidos da Ribeiriña. O senador Manuel Ruíz presentará unha iniciativa a través da cal lle solicita ó Ministerio de Transición Ecolóxica unha solución definitiva a este problema, derivada, segundo el, dunha mala execución das obras de rexeneración levadas a cabo na zona. Ruíz tamén pide que se leve a cabo un estudo que permita coñecer o estado actual do chan e se proceda á retirada dos depósitos de hidrocarburos.

O concello de Ribeira solicitará a cesión do uso da Unidade de Condutas Aditivas

Ribeira dá o primeiro paso para recuperar a titularidade do edificio da Unidade de Condutas Aditivas. O pleno aprobou por unanimidade solicitar á Seguridade Social a cesión do seu uso durante 30 anos.

Ribeira convoca por segunda vez unha mostra colectiva de mulleres artistas

O concello de Ribeira convoca por segundo ano a Mostra das Mulleres. Seleccionaranse un total de 30 pezas a incluír nunha exposición colectiva no Centro Cultural Lustres Rivas que se inaugurará no mes de marzo.

O BNG proporá o recoñecemento de Castelao como primeiro presidente de Galicia

O BNG celebrou esta pasada fin de semana en Rianxo o seu acto nacional coincidindo co 75 cabodano de Castelao. A portavoz nacional, Ana Pontón, volveu reivindicar a figura e o pensamento do insigne galeguista, anunciando que levarán mañá martes ó pleno dp Parlamento unha iniciativa para que o rianxeiro sexa recoñecido coma o primeiro presidente de Galicia.

O IES Pobra e o colexio de Cadreche suspenden os clases por mor das...

O Barbanza está a rexistrar numerosas incidencias ó paso desta borrasca. O IES Pobra e o colexio Pilar Maestú Sierra, da mesma localidade, víronse obrigados a suspender as clases nesta xornada.

O temporal desprende a cuberta da piscina municipal e derruba un cruceiro en Noia

A borrasca Herminia deixou numerosas incidencias na comarca de Muros-Noia: O forte vento provocou o desprendemento de varias pranchas da cuberta da piscina de Noia que obrigou a pechar a instalación. Tamén derrubaba parte dun cruceiro na parroquia de Barro.

Os veciños de Aguiño levarán ata a Consellería de Sanidade as súas demandas

A alerta laranxa polo temporal costeiro non foi quen de disuadir ós veciños de Aguiño que un venres máis saíron á rúa para reclamar dous médicos a tempo completo. Ademais do reparto de pancartas para colgar nos balcóns, anunciaron que a próxima semana levarán a súa protesta ata Santiago.

Barbanza Arousa, primeira mancomunidade distinguida como Destino Turístico Intelixente

Barbanza Arousa presentou en Fitur a súa oferta turística enfocada este ano na desestacionalización, buscando ser un destino atractivo os 365 días do ano. A Mancomunidade aproveitou tamén a súa presenza na Feira para recoller tamén o distintivo de Destino Turístico Intelixente, converténdose así na primeira entidade supramunicipal de Galicia en obter este recoñecemento.

O PP de Ribeira achega máis de 20 propostas a incluír no POS da...

O PP de Ribeira presentou unha proposta con máis de 20 iniciativas a incluír no POS da Deputación da Coruña. Agardan que o executivo teña en conta as súas achegas que foron presentadas mediante o proceso de consulta pública convocada polo concello.

A veciñanza de Ribeira recibirá a partir da próxima semana os composteiros domésticos

O concello de Ribeira iniciará a próxima semana o reparto dos composteiros domésticos. En total, adquiríronse 300 unidades e xa foron solicitados preto de 250 polo que aínda quedan depósitos dispoñibles.

REDES SOCIAIS

40,751FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete