O patrón maior de Rianxo afea a Mar que acuse ó sector de ‘perda...

A Consellería do Mar plantexou ás confrarías a posibilidade de pechar os bancos de libre marisqueo ante a perda de interese dos mariscadores. Dende o pósito de Rianxo consideran unha falla de respecto que responsabiliza ó propio sector da precaria situación en que se atopan os bancos ante a falla de medidas para a súa rexeneración

Os Reis Magos percorrerán A Pobra en descapotables

Os Reis Magos iniciarán ben cedo o seu percorrido pola Pobra o próximo día 5 de xaneiro. A partir das dez e media percorrerán todo o municipio en vehículos descubertos. X apola tarde, desfilarán na cabalgata polo casco urbano.

Case 400 atletas logran completar o Trail de Lousame

Preto de 400 atletas lograron completar o Trail de Lousame que se celebrou este domingo. Na proba longa impuxéronse Damián González e María Platero mentres que Rubén Martínez e Nerea Castro proclamáronse gañadores do trail curto.

Ribeira premia as mellores fachadas do municipio

O concello de Ribeira entregou unha quincena de cestas de Nadal ós gañadores dos concursos de decoración e embelecemento de fachadas e xardíns. Ademais dun premio á mellor vivenda de cada parroquia, distinguise á mellor de todo o municipio, así como dous comercios e dous locais hostaleiros.

Noia despedirá o ano cunha carreira solidaria

Como xa é tradición, Noia pechará o ano cunha carreira solidaria. A San Silvestre desenvolverase o día 31 ás cinco da tarde na alameda noiesa. Non se trata dunha proba competitiva posto que o seu principal obxectivo é recadar fondos para Cáritas.

O goberno central devolve a titularidade da Casa do Mar de Cabo de Cruz...

A xestión da casa do Mar de Cabo de Cruz volve a ser competencia do concello de Boiro. Co acto de entrega das chaves simbolizado esta mañá polo delegado do goberno en Galicia e o alcalde de Boiro faise efectivo o traspaso

A Xunta habilitará tres novas sendas peonís na AC-550 ó seu paso por Portosín

A Xunta habilitará tres sendas peonís na estrada AC-550 ó seu paso polo termo municipal de Porto do Son.  Así o anunciou a Conselleira de Vivenda e Infraestruturas na visita realizada esta mañá á zona de Mariño, onde se acometerá unha das actuacións. O investimento total será de millón e medio de euros.

Agustín Agra gaña o certame ‘Avilés de Taramancos’ con Trebón de Ouro

Agustín Agra gañou o vixésimo terceiro relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia. O xurado elixiu por xeito unánime a súa obra ‘Trebón do Norte’ pola súa valía cultural, histórica e literaria.

A Pobra volverá adiantar o Aninovo con badaladas a mediodía

Un ano máis A Pobra adiantarase ó Fin de Ano. O día 31 pola mañá celebrarase unha festa de Aninovo con badaladas, cotillón e animación de rúa.

O PIE 2023-2024 pecha cun 70 por cento de inserción laboral

O Programa Integrado de Emprego que desenvolven conxuntamente os concellos de Boiro, A Pobra e Rianxo pechou o ano con preto dun 70 por cento de inserción laboral.

REDES SOCIAIS

40,752FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete