Os gardas civís gañan ós curas no partido benéfico en favor de Cáritas

Gran éxito do partido de fútbol disputado onte domingo en Boiro que enfrontou a garda civís e curas. Os dous colectivos vestíronse de curto por unha boa causa: recadar fondos en favor de Cáritas.

Os pais do CEIP Santa Irene demandan o traspaso do servizo de comedor á...

A ANPA do CEIP Santa Irene de Porto do Son mobilízase para conseguir a xestión pública do comedor escolar. Piden ó equipo directivo do centro que apoie a súa solicitude de traspasar o servizo á Xunta posto que sería moito máis económico para as familias,.

Denuncian a falla de transparencia nas listas de agarda do Hospital do Barbanza

Ducias de persoas concentráronse ás portas do Hospital do Barbanza para denunciar o incremento das listas de agarda. Denuncian que os datos publicados polo SERGAS son ficticios posto que non se contemplan as citas para revisións que acumulan esperas de máis de dous anos nalgunhas especialidades.

Palmeira mobilízase contra a instalación dunha antena de 40 metros na Lomba

A presión veciñal evitou a instalación dunha antena de máis de 40 metros de altura en Palmeira, nunha parcela pegada ás vivendas e moi próxima ó colexio. Foron os propios residentes na zona os que alertaron ó concello que, tras comprobar que a obra, carecía dunha serie de permisos e informes sectoriais requiridos procedeu á súa paralización.

O concello de Ribeira paraliza a instalación dunha antena en Palmeira por carecer dos...

O concello de Ribeira enviou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños tras paralizar a instalación da antena. Informaron de que xa se está a buscar unha localización alternativa que non afecte a núcleos de poboación.

O BNG leva ó Parlamento as necesidades dos centros educativos de Boiro

O BNG levou ó Parlamento a situación dos centros de ensino de Boiro. Ademais da cobertura das prazas de mestres especialistas en tódolos centros, demandan a construción dunha cuberta na escola infantil de Praia Xardín.

Ribeira organiza a XIV BTT de Nadal

Ribeira acollerá o domingo 29 de decembro a XIV Ruta BTT de Nadal. Na proba, organizada polo Concello en colaboración co Club Os Saltamontes, Arousa NeO e a asociación de veciños de Carreira, prevese unha participación duns 300 ciclistas.

O BNG do Barbanza presenta emendas ós orzamentos da Xunta por valor de 31,5...

O BNG do Barbanza presentou alegacións ós orzamentos da Xunta por valor de 31 millóns e medio. No eido económico destaca a necesidade de crear chan industrial e apoiar ó sector do mar mentres que no aspecto social demandan maior investimento en sanidade e educación.

A Xunta avanza nos trámites do futuro centro de Noia coa licitación do proxecto...

O concello de Noia agarda que as obras do futuro centro de saúde podan dar comezo a finais do próximo ano. A Xunta xa iniciou o proceso de licitación para a redacción do proxecto, cunha partida de 400 mil euros. O orzamento total da obra ascende a dez millóns.

O parquing do Centenario estrea o novo equipamento de control de acceso

O concello de Ribeira vén de poñer en marcha o novo equipamento de control de acceso ó parquing do Centenario. A medida supuxo un investimento de algo máis de 160 mil euros.

REDES SOCIAIS

40,751FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete