Ribeira organiza a XIV BTT de Nadal
Ribeira acollerá o domingo 29 de decembro a XIV Ruta BTT de Nadal. Na proba, organizada polo Concello en colaboración co Club Os Saltamontes, Arousa NeO e a asociación de veciños de Carreira, prevese unha participación duns 300 ciclistas.
O BNG do Barbanza presenta emendas ós orzamentos da Xunta por valor de 31,5...
O BNG do Barbanza presentou alegacións ós orzamentos da Xunta por valor de 31 millóns e medio. No eido económico destaca a necesidade de crear chan industrial e apoiar ó sector do mar mentres que no aspecto social demandan maior investimento en sanidade e educación.
A Xunta avanza nos trámites do futuro centro de Noia coa licitación do proxecto...
O concello de Noia agarda que as obras do futuro centro de saúde podan dar comezo a finais do próximo ano. A Xunta xa iniciou o proceso de licitación para a redacción do proxecto, cunha partida de 400 mil euros. O orzamento total da obra ascende a dez millóns.
O parquing do Centenario estrea o novo equipamento de control de acceso
O concello de Ribeira vén de poñer en marcha o novo equipamento de control de acceso ó parquing do Centenario. A medida supuxo un investimento de algo máis de 160 mil euros.
Noia Histórica sorteará catro iPhone 15 na súa campaña de Nadal
Noia Histórica presentou esta mañá a súa campaña comercial de Nadal. Con ela buscase dinamizar o tecido comercial da vila. Entre as novidades da campaña deste ano, que se prolongará ata o 5 de xaneiro, figura o sorteo de 4 iphone 15 entre aquelas persoas que realicen as súas compras na localidade.
O alcalde de Noia defende o estrito cumprimento da legalidade na aprobación do orzamento
A resposta do concello trala presentación deste contencioso non tardou en chegar. O alcalde, Santiago Freire, defende a legalidade do orzamento e acusa á oposición de querer entorpecer o normal funcionamento da administración municipal.
PSOE e Marea de Noia recorren a aprobación do orzamento
O PSOE e a Marea de Noia recorren conxuntamente a aprobación do orzamento municipal. Basean o recurso en que o presuposto incumpre a legalidade ó non ter consignados gastos comprometidos polo concello como o pago das cotas da Mancomunidade Serra do Barbanza.
A Xunta adxudica as obras de humanización da travesía de Palmeira
A Xunta, a través da consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, informou hoxe da adxudicación das obras de humanización da travesía de Palmeira por un importe de 2’5 millóns de euros.
Detidos dous pobrenses por estafar a máis de 20 afectados usurpando a súa identidade
Detida unha parella na Pobra por múltiples delitos de usurpación de identidade e estafa. A través de enganos ou furtos obtiñan documentación persoal das súas vítimas para contratar servizos de telecomunicacións. Hai máis de 20 afectados en toda España.
Outes organiza a primeira edición da Feira do Nadal
Outes organiza a primeira edición da Feira do Nadal. Terá lugar esta fin de semana na Praza do Bosque. A finalidade da mesma non é outra que a promoción do comercio local.


















