Boiro mantense fiel á súa cita ca camelia
Boiro mantense fiel á súa cita ca camelia. Será esta vindeira fin de semana, os días 14 e 15 no pazo de Goiáns coa vixésima edición da exposición da Camelia Sasanqua e outras. Prevese a participación de preto de 30 expositores chegados dende diferentes zonas de Galicia e mesmo Portugal.
Galicia e Bretaña buscan estratexias comúns para poñer en valor o sector pesqueiro
O Conselleiro do Mar asiste ó Consello Europeo de Ministros de Agricultura e Pesca que se están a celebrar en Bruxelas. Ademais de levar a proposta de Galicia para a negociación das cotas pesqueiras, Alfonso Villares está a manter xuntanzas con representantes doutras rexións europeas para establecer estratexias comúns en beneficio do sector.
O tecido asociativo e comercial de Ribeira implícase na programación de Nadal do concello
Ribeira iniciará esta fin de semana a súa programación de Nadal con ducias de actividades para tódolos públicos. Destaca a colaboración do concello co tecido asociativo e comercial do municipio que promoven moitas das propostas para estas datas festivas.
O Apalpador e Papá Noel visitarán ós nenos da Pobra
A Pobra recibirá este Nadal a visita do Apalpador e Santa Claus. A estas actividades súmanse outras propostas festivas como o tren de Nadal ou unha xornada de neve no Cantón da Leña.
O PSOE de Rianxo pide ó executivo a presentación da conta xeral
O PSOE de Rianxo insta ó goberno a presentar a conta xeral. Demandan maior transparencia na xestión económica do concello co fin de poder planificar os futuros orzamentos con rigor e atendendo ás necesidades reais dos rianxeiros.
Barbanza Arousa e a asociación Alberto Romero renovan o seu compromiso para a promoción...
A Mancomunidade Barbanza Arousa renovou o seu compromiso de colaboración coa asociación cultural Alberto Romero. No marco do acordo desenvolverase a novena edición do certame de curtas que promove a asociación para fomentar a creación audiovisual entre os máis novos.
A Pobra incorpora a danza á súa programación de Nadal
A Pobra incorporará a danza á súa programación de Nadal este ano. Serán dous os espectáculos dos que poderán gozar os veciños no Cine Elma da man de Et Suseia Danza e Fran Sieira.
A Xunta insta ó goberno central a esixir responsabilidades polo dano ambiental do vertido...
Este fin de semana cumprirase un ano da chegada ás praias galegas dos primeiros sacos de pelets procedentes do Toconao. Coincidindo con este aniversario a Xunta vén de anunciar a presentación dun recurso de alzada instando ó goberno central a depurar responsabilidades polo dano ambiental
Un convenio con FamilySearch permite a Ribeira avanzar na dixitalización do arquivo municipal
O concello de Ribeira avanza na dixitalización do seu arquivo grazas a un convenio con Family Search. O acordo permitirá catalogar de xeito dixital miles de documentos relacionados sobre todo con licenzas de enterramentos ou rexistros de defunción para facilitar o acceso á árbore xenealóxica dos ribeirenses
En marcha a quinta edición do proxecto EcoNoia
Máis de 200 mariscadores, administracións e entidades pesqueiras e ambientais participan na quinta edición de EcoNoia. Ademais de varias xornadas de limpeza na costa, o proxecto inclúe a edición dun manual para reducir o lixo na ría e un taller de arte reutilizando os residuos mariños.

















