Sen apenas recurso no arranque da campaña da vieira en Rianxo
Mal inicio da campaña da vieira en Rianxo sen apenas recurso na ría. Ta só unha decena de embarcacións saíron nesta primeira xornada na que os quilos capturas nin se achegaron ó tope de capturas, establecido en 35 quilos por tripulante.
O alcalde de Ribeira insta ó PP a recapacitar e rebaixar a crispación
O alcalde de Ribeira saíu ó paso da polémica xerada tralo abandono do pleno dos edís populares e posteriores acusacións sobre fallas de respecto. Luís Pérez Barral fai un chamamento á oposición para rebaixar o clima de crispación política en beneficio de tódolos ribeirenses.
Ribeira renova a súa colaboración cos entidades sociais do municipio
Ribeira renova o seu compromiso coas entidades que traballan no municipio en beneficio da sociedade. Esta mañá tiña lugar o acto de sinatura dos convenios con asociacións e fundacións que suporán un investimento próximo ós 850.000 euros
Os clientes da praza da Pobra poderán obter de balde as súas ceas de...
Ós pobrenses que este Nadal realicen as súas compras na praza de abastos poden saírlle de balde as ceas de Noiteboa ou Noitevella. O concello volve poñer en marcha a campaña das caramiñas no mercado coa que premiará a fidelidade dos clientes da praza con dous sorteos que repartirán un total de 2400 euros.
Outes incorpora este ano unha Feira de Nadal á súa programación festiva
O xoves día 5 dará comezo o Nadal en Outes co acendido do alumeado na praza de Galicia. Dará o pistoletazo de saída a un amplo programa de actividades que busca o disfrute dos veciños e a atracción de visitantes para dinamizar a economía local.
O BNG de Muros-Noia presenta emendas ós orzamentos da Xunta por valor duns 26...
O BNG presenta emendas ós orzamentos da Xunta para 2025 referidas ás comarcas de Muros e Noia por un valor duns 26 millóns de euros. A través delas, os nacionalistas pretenden paliar as necesidades dos veciños destas dúas comarcas, pare eles, novamente esquecidas nos presupostos do Goberno Galego.
Chega unha nova edición da Sin-Son 10k
Esta mañá presentábase oficialmente unha nova edición da Sin-Son 10K. A carreira, incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 22 de decembro. A día de hoxe, a falla de varias semanas para o peche das inscricións, xa hai preto dos 1.400 inscritos.
Os edís do PP abandonan o pleno de Ribeira denunciando as fallas de respecto...
A corporación municipal de Ribeira aprobou a pasada tarde a concesión da medalla de ouro á confraría de pescadores de Carreira e Aguiño. Foi no transcurso dun pleno extraordinario onde a unanimidade foi a tónica dominante. Non así a sesión ordinaria celebrada a continuación na que un desencontro entre o alcalde e a voceira do PP motivo que os edís populares abandonaran o pleno.
A campaña Caramiñas da Pobra repartirá 200 euros diarios e unha viaxe a Disney
Este domingo arranca unha nova edición da campaña de Nadal Caramiñas na Pobra. Para participar tan só é preciso compartir en redes unha foto nalgún recundo do municipio decorado con motivos navideños. Os que o fagan entrarán no sorteo de 200 euros diarios e unha viaxe a Disney.
Garda civís contra curas.. e todo por unha boa causa
O campo municipal de Vista Alegre acollerá o vindeiro 15 de decembro, ás cinco da tarde, un partido de fútbol que enfrontará a curas contra garda civís.

















