A Policía Local de Rianxo denunciou a un condutor que cuadriplicaba a taxa de...
Unha chamada á Policía Local de Rianxo alertando da existencia dun vehículo realizando manobras estrañas por diferentes rúas do casco urbano, circulando incluso por dirección contraria, mobilizou ós axentes, que iniciaron un operativo de busca para tratar de localizalo. Interceptárono na zona do Pazo.
Escolares de Ribeira afondan no mundo da pesca da man da cooperativa de armadores...
A cooperativa de armadores de Santa Uxía de Ribeira organizou unha xornada divulgativa sobre a pesca no IES Número 1. Ademais de charlas sobre o sector profesional, desenvolveuse un concurso de preguntas sobre pesca e nutrición e unha degustación de peixe.
Máis de 30 establecementos participan este sábado na Noite Aberta da ABE
Boiro converterase esta fin de semana no epicentro do comercio do Barbanza ó facer coincidir o Black Friday cunha edición especial da Noite Aberta. Os 32 establecementos participantes ofrecerán interesantes descontos. Haberá tamén animación de rúa, sorteos, agasallos e un chocolate con churros para os 600 primeiros tickets de compra que se entreguen na carpa da ABE.
Medio cento de empresas do Barbanza obteñen o selo de calidade turística SICTED
A calidade turística é o principal sinal de identidade da Mancomunidade Barbanza Arousa que onte entregou os distintivos SICTED a medo cento de empresas. A Gala do Turismo, celebrada no auditorio de Ribeira, serviu para recoñecer a aposta pola excelencia de varios axentes turísticos que operan na comarca.
A Pobra acenderá o seu Nadal este sábado
A Pobra será un dos primeiros concellos do Barbanza en estrear o Nadal. Este sábado terá lugar o acto de acendido do alumeado na praza Segundo Durán xunto coa inauguración do belén e un concerto.
Detidos cinco pobrenses no marco da operación ‘O Inferno’ contra o tráfico de drogas
Golpe ó tráfico de drogas na Pobra. A Garda Civil detivo a un total de cinco persoas, pertencentes a un mesmo clan familiar. Foi no marco da operación ‘O Inferno’, que se saldou ademais co intervención de numerosas substancias e unha gran cantidade de diñeiro en metálico.
O BNG de Noia denuncia a execución dunha obra sen control arqueolóxico na contorna...
O BNG de Noia denuncia a realización dunha obra sen o correspondente control arqueolóxico. Os nacionalistas refírense a varios treito dunha beirarrúa fronte ó Casino que foron pavimentados con formigón.
A clínica dental Rebeca deOzores e a ABE volverán repartir sorrisos entre os máis...
Por segundo ano consecutivo, a clínica dental Reba Ozores volve impulsar a campaña solidaria Doa un Sorriso en colaboración coa ABE. O obxectivo é recadar produtos de primeira necesidade para as familias con necesidades que serán entregados a Cáritas e Cruz Vermella.
Máis de 1200 rapaces participarán no Festirititití de AMICOS pola inclusión
AMICOS volverá celebrar o Día Internacional da Discapacidade cunha gran festa pola inclusión. O Festirititití reunirá en Boiro a máis de 1200 rapaces o próximo 3 de decembro.
Barbanza e Muros-Noia din ‘non’ a violencia de xénero
En Barbanza e Muros-Noia sucedéronse tamén numerosos actos institucionais para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Un dos máis significativos tiña lugar en Ribeira, na carpa do mercado, no que ademais das autoridades locais, tomaron parte os centros educativos de secundaria e outras entidades, como é o caso de AMBAR, A Creba ou AGADEA.

















