A delegada territorial da Xunta participa na sementeira de ameixa da cooperativa Ría de...
A delegada territorial da Xunta na Coruña participou esta mañá nas labores de sementeira de cría de ameixa que desenvolveu a cooperativa Ría de Arosa de Abanqueiro. Estas tarefas foron posible grazas a unha subvención autonómica de 11 mil euros para a adquisición da semente.
Porto do Son presenta o seu IV Plan de Igualdade
Coincidindo coa celebración do 25 N, o concello de Porto do Son presentou o seu cuarto plan de igualdade. O documento que se someterá á aprobación do pleno este xoves contempla unha serie de accións e medidas que estarán vixentes ata 2028.
A Pobra repite por quinto ano co Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas
A Pobra promove por quinto ano consecutivo o concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. A iniciativa, que premiará a aquelas vivendas mellor decoradas da localidade, forma parte da campaña ‘Volta o Nadal, voltan as Caramiñas’.
Denuncian a un outense que cuadriplicaba a taxa de alcol e circulaba sen permiso
Un septuaxenario outense enfróntase a penas que poderían carrexar prisión de tres a seis meses, unha multa de un a dous anos ou a realización de traballos en beneficio da comunidade durante un período de entre 31 e 91 días. A razón. Conducir baixo os efectos do alcol, dando unha taxa de alcolemia catro veces superior á permitida.
As obras de mellora das instalacións do Náutico Barraña encaran xa a súa recta...
As obras de mellora das instalacións do Club Náutico Barraña encaran xa a súa recta final. Despois de renovar a zona de oficinas e vestiarios, os traballos céntranse agora no acondicionamento da zona exterior.
A conselleira de Medio Ambiente participa nunha plantación de sobreiras no Parque Natural de...
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou esta mañá, xunto co alumnado do Centro de Formación e Experimentación Aagroforestal de Lourizán, nunha plantación de sobreiras no Parque Natural de Corrubedo. Alí avogou pola recuperación deste tipo de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade dos Parques Naturais de Galicia.
A delegada da Xunta na Coruña clausura o obradoiro de emprego Noia-Lousame
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu esta mañá o acto de clausura do obradoiro de emprego conxunto levado a cabo polos concellos de Noia e Lousame. Na experiencia formativa-laboral, no módulo de actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, participaron un total de 20 alumnos de ambos municipios.
O executivo rianxeiro mellora a accesibilidade ás Tres Cruces
Rianxo continúa dando pasos de cara á recuperación e posta en valor dos seus principais recursos turísticos. Unha das últimas actuacións que está a desenvolver é a rehabilitación do acceso ás Tres Cruces, en Quintáns, na parroquia de Isorna.
Ribeira celebra esta fin de semana a ruta de tapas ‘Toma castaña!’
Esta fin de semana Ribeira celebrará a ruta de tapas ‘Toma Castaña!’. Na proposta, organizada dende o Concello, participarán un total de cinco locais hostaleiros, que ofrecerán as tapas con base de castaña, de xeito gratuíto, con cada unha das consumicións.
Detidos dous boirenses polo roubo de diversa maquinaria e electrodomésticos
BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo a dous veciños da localidade coma presuntos autores dun delito de roubo de maquinaria e electrodomésticos nun...


















