Noia organiza unhas xornadas para enxalzar os produtos da Ría
‘Noia sabe aMar’. Con este lema tan explícito, a concellería de Turismo e a confraría de pescadores levarán a cabo unhas xornadas gastronómicas. Serán os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, na praza de abastos da localidade. Incluirán degustacións de prdutos da Ría e showcookings a cargo de cociñeiros locais
A Pobra repite co programa ‘Espazos nas Escolas’
A Pobra repite por terceiro ano consecutivo o programa ‘Espazos nas Escolas’. Trátase dun servizo de atención socioeducativa que se oferta a todalidade de centros educativos do municipio, dende infantil a secundaria. O servizo levarase a cabo da man da asociación Antonio Gandoy.
Trabandainas organiza unha nova andaina solidaria en favor da Asociación Misela
O Club Trabandainas de Noia organiza unha nova edición da súa andaina solidaria en favor da asociación a Misela. A actividade desenvolverase este vindeiro domingo a partir das dez da mañá dende a alameda noiesa.
Noia acolle este sábado o II Trofeo Vila de Noia de Patinaxe
Noia acolle este vindeiro sábado 23 de novembro o segundo Trofeo Vila de Noia de Patinaxe. A competición desenvolverase no pavillón municipal Agustín Mourís e nel prevese unha participación dun cento de patinadores.
Noia presenta a programación do 25N
A concellería de Servizos de Noia presentou esta mañá a programación co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha das actividades máis destacadas terá lugar o propio 25N. Será unha concentración, ás once e media da mañá diante do Coliseo Noela, na que participarán os centros educativos do municipio e na que se dará lectura a un manifesto.
O PP denuncia o mal estado da pérgola existente no parque da Cachada
BOIRO> O Partido Popular de Boiro denuncia de novo o abandono no que se atopan varias instalacións municipais.
Neste caso poñen o acento no estado...
Escolares de Cadreche renaturalizarán unha parte do patio do colexio
Os alumnos do colexio Pilar Maestú Sierra da Pobra encargaranse eles mesmos da renaturalización dunha parte do patio do centro educativo. Será froito dun proxecto socioeducativo e ambiental, no que ademais do colexio está implicado o Concello.
Arranca a XV Mostra de Teatro de Aguiño
A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño iniciará mañá sábado unha nova edición da súa Mostra de Teatro. Serán un total de catro funcións. Como en edicións anteriores o ciclo terá un carácter solidario, e todo o recadado irá destinado ós damnificados da dina de Valencia.
A Deputación da Coruña entrega os premios de turismo
A Deputación da Coruña celebrou hai uns días primeira edición da Gala de Turismo. Nela entregáronse os premios de turismo, que recoñecen as iniciativas máis destacadas que promoven a innovación, a sostenibilidade e a valorización da cultura local, consolidando así ó traballo que realiza o sector turístico na provincia.
Un incendio destrúe parte dun piso na Avenida do Malecón en Ribeira
Un incendio rexistrado esta pasada noite, ó redor das tres e media da madrugada, afectou ó cuarto andar dun edificio situado na avenida do Malecón, en Ribeira, á altura da praza Heroínas de Sálvora.

















