A Deputación da Coruña reforza a súa aposta inversora polos concellos
A Deputación da Coruña contará o próximo exercicio cun orzamento de 240 millóns de euros. Destaca a aposta polo financiamento de obras e servizos nos concellos cun incremento do 72 por cento no Plan Único.
Boiro pon en marcha un programa de detección da dislexia e TDAH entre o...
O concello de Boiro vai a por en marcha un programa de detección temperá da dislexia e o TDAH. A iniciativa, enmarcada no proxecto EnClave, desenvolverase en colaboración coa Universidade de Santiago e os centros educativos.
Oito locais participarán na terceira edición de ‘En Outes de Tapas’
Por terceiro ano consecutivo, Outes volverá poñer en marcha a súa ruta de tapas. Desenvolverase durante as últimas dúas fins de semana de novembro co obxectivo do dinamizar o sector hostaleiro.
O Consello da Xunta aproba a licitación do desdobramento do corredor Brión-Noia
O Casino de Noia acollía esta mañá a reunión do Consello da Xunta, a primeira das que o goberno prevé celebrar en distintas vilas de toda Galicia. Na xuntanza, acordouse licitar a primeira fase do desdobramento do corredor Brión-Noia en autovía así como o proxecto de construción do futuro centro de saúde da localidade.
A Pobra pon fin ás Xornadas Micolóxicas
A Pobra puxo fin onte domingo ás súas Xornadas Micolóxicas cunha saída de campo e unha degustación gastronómica. Aproveitouse ademais para facer a entrega dos premios da oitava edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía.
Os mariscadores de Noia concéntranse para demandar da Xunta máis apoio ó sector
Aproveitando a presenza do goberno galego en Noia, os mariscadores concentráronse na Alameda para facer visible a mala situación que atravesa o sector do mar. Na protesta, convocada por Plademar, reclamaron medidas de apoio para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros.
‘Tribu’, de Carlos Gómez-Trigo, gaña a XXV Mostra de Curtas Vila de Noia
Noia pechou con éxito a 25 edición da súa Mostra de Curtas. Este sábado, o Coliseo Noela acolleu a gala final coa entrega de premios. Tribu, de Carlos Gómez-Trigo, fíxose co galardón á mellor produción mentres que o premio honorífico recaeu na actriz Marisa Paredes.
A Asociación A Gamela demanda a reapertura do centro social de Cabo de Cruz
A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela reclama a reapertura do Centro Social de Cabo de Cruz. Mediante unha moción presentada a pleno piden ó concello de Boiro que acondicione as instalación e dote ó centro do persoal necesario para un funcionamento axeitado.
A confraría de Rianxo inicia os dragados para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros
A confraría de Rianxo está a traballar no dragado de varias zonas para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros. Para completar estas tarefas, piden á Xunta maior axilidade para autorizar o depósito de cunchas que contribúe a unha maior rexeneración.
A gañadora da campaña da Federación Galega de Comercio gasta os mil euros no...
A noiesa Carmen Miguéns resultou gañadora do premio de mil euros da campaña da Federación Galega de Comercio. O único requisito era gastar todo o importe nunha soa tarde. Bastáronlle dúas horas para esgotar o créditos en distintos establecementos do comercio noiés.

















