Outes acomete diversas obras de acondiconamento de viais no rural

O concello de Outes está a desenvolver diversas obras de acondicionamento na rede viaria dirixida a mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade, tanto de condutores como de peóns. Moitas destas obras están a realizarse na zona rural, a través do programa AGADER da Xunta de Galicia, ou ben con cargo a fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

A escaseza de recurso nas primeiras xornadas augura unha mala campaña do bou de...

Mal arranque da campaña do bou de vara en Rianxo. Nestas primeiras xornadas, a principal especie é a volandeira aínda que tampouco abonda. Si acompañaron as cotizacións, chegando a dez euros a de primeira.

Os tribunais dan a razón ó Concello de Noia na demanda sobre a aplicación...

O executivo noiés saca peito tras recibir a sentenza do xulgado que sinala inaplicable a relación de postos de traballo tras a reclamación realizada no seu día polo sindicato CSIF. O fallo, sobre o que cabe recurso, dálle a razón ó Concello, cando afirmaba que no orzamento de 2024 non se podía contemplar esta actualización, o que deu lugar á moción de confianza.

A Deputación da Coruña contará en 2025 cun orzamento de máis de 240 millóns

O orzamento da Deputación da Coruña para 2025 superará os 240 millóns de euros. Supón un incremento do oito por cento con respecto ó actual exercicio e practicamente a metade transferirase directamente ós concellos no marco do Plan Único.

O concello de Boiro acometerá a mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de...

O concello de Boiro acometerá a reforma integral do centro social de Cures. A execución deste proxecto, cun orzamento de 142 mil euros, será posible grazas a unha subvención autonómica que achegará máis de 95 mil euros.

O Barbanza fai gala da súa solidariedade colaborando cos afectados polas inundacións

A comarca do Barbanza solidarizouse tamén cos afectados pola DANA con numerosas recollidas de alimentos, produtos de hixiene e donativos. O concello de Boiro enviou ademais tres voluntarios de Protección Civil con material para colaborar nas tarefas de limpeza e desescombro.

Éxito do ‘Máis que Tapas’ en Rianxo

Rianxo acollía esta pasada fin de semana con gran éxito a ruta Máis que Tapas, que organiza a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.

O PP de Boiro insta ó concello a retomar as negociacións para aprobar a...

O PP de Boiro insta ó goberno a avanzar na aprobación da Relación de Postos de Traballo. Critican os populares a falla de diálogo do executivo por contratar a unha empresa externa en lugar de escoitas as demandas do comité de empresa.

Renacer desenvolverá unha xornada de prevención sobre o consumo de pornografía entre os mozos

A asociación Renacer celebra en Ribeira unha xornada de prevención sobre o consumo de pornografía na infancia e na adolescencia. Desenvolverase o venres día 15 no auditorio vello e contará coa presenza do profesor da Universidade das Illas Baleares, Lluís Ballester.

Rianxo reclama máis persoal para o centro de saúde e ampliar o horario do...

Rianxo viviu onte unha multitudinaria mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. O motivo da mesma non era outro que reclamar a ampliación do horario do PAC e que se cubran a totalidade de prazas de médico no centro de saúde.

REDES SOCIAIS

40,756FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete