Noia acollerá este sábado e o domingo o Campionato Galego de Boxeo Junior e...
A vila de Noia acollerá esta vindeira fin de semana, nas xornadas do sábado e o domingo pola tarde, o Campionato Galego de Boxeo en categoría Junior e Xoven. A cita coincidirá tamén coa organización dunha nova velada de boxeo do Club de Loita Noia que terá lugar o sábado a partir das oito da tarde.
25 locais de Ribeira e A Pobra súmanse á 3ª Ruta de Tapas co...
25 locais hostaleiros participan na Ruta de Tapas co Lirio de Ribeira que se desenvolverá este sábado día 2. O obxectivo é poñer en valor unha das principais especies da lonxa ribeirense que supón o 60 por cento das capturas que se descargan no porto barbanzán.
Outes restablece o servizo de auga municipal para o consumo humano
O concello de Outes restablece o servizo de auga municipal para o consumo humano. A decisión foi tomada despois de que a consellería de Sanidade lle remitise os resultados das analíticas que confirman que a auga é apta para o consumo humano.
O comité de empresa do concello de Boiro urxe a aprobación da RPT
O Comité de Empresa do concello de Boiro urxe á aprobación dunha Relación de Postos de Traballo actualiza. Denuncian o retraso na súa elaboración e a falla de diálogo entre a administración e os traballadores.
A confraría de Aguiño adquire un vehículo para o transporte de redes grazas a...
O Conselleiro do Mar visitou esta mañá a confraría de Aguiño para coñecer os novos equipamentos que vén de adquirir grazas a unha subvención autonómica. O principal é un vehículo para trasladar as redes das embarcacións cerqueiras, presupostado en máis de 400 mil euros.
A unidade de Atención Temperá de Rianxo dará servizo a uns 40 usuarios
Tal e como anunciou a Conselleira de Política Social, Rianxo contará cunha unidade de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos. Dará servizo a uns 40 usuarios e instalarase no Pazo de Rianxiño. O concello pasa así a incorporarse á rede galega de atención temperá grazas a unha subvención autonómica que permitirá poñer en marcha o servizo ara 2026.
Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este...
A Xunta porá en marcha novas unidades de atención temperá antes de que ramate o ano. A de Poio instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. Tamén se abrirá a de Rianxo e outra na que se agrupan os concellos de Pontecesures, Valga, Padrón, Rois e Dodro.
Volta á actividade marisqueira na ría de Noia despois do parón obrigado pola toxina
Volta á actividade marisqueira na ría de Noia despois do parón obrigado pola toxina. Os profesionais de a pé e de a flote confían en que a apertura se manteña, e non se vexa afectada de novo pola marea vermella.
Outes presenta a II Gala do Deporte
Esta mañá presentábase a segunda edición da Gala do Deporte de Outes. Na cita, que terá lugar o 20 de decembro, premiarase ós deportistas, clubs e entidades máis destacadas ó longo do ano.
A Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos
Nos últimos catro anos a Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos, o que coñecemos popularmente como feismo. Son achegas tanto para concellos como para particulares, que conseguiron mobilizar un investimento global de arredor de 14 millóns de euros. Estas achegas teñen cada vez máis demanda. Dende 2021 xa chegaron a máis do 90% dos concellos galegos.

















