A xornada ‘Degusta A Coruña’ da Deputación recala en Boiro
O pazo de Goiáns en Boiro foi escenario esta mañá dunha das xornadas enmarcadas no congreso de turismo gastronómico ‘Degusta A Coruña, a provincia que sabe’ que organiza por primeira vez a Deputación da Coruña. Trátase dunha iniciativa itinerante que promove a área de Turismo do organismo provincial que busca identificar a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia.
O espectáculo de drons e pirotecnia conquista ós pobrenses
Pagou a pena a espera. A combinación de drons e fogos de artificio aéreos e acuáticos convenceu ó numeroso público que o pasado venres se concentrou no paseo dos Areos para gozar dun espectáculo único en toda España.
Aumentan as queixas polo mal estado do céspede de Cabanetán
Acumúlanse as queixas polo mal estado do terreo de xogo do campo municipal de Cabanetán, en Lousame. Os clubs locais que a diario empregan as instalacións critican o defectuoso estado do céspede artificial, con máis de 18 anos de antigüidade. Denuncian que a situación supón un claro risco de lesións para os futbolistas.
Continúan a desenvolverse na Pobra as actividades enmarcadas nas Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán
Seguen a desenvolverse na Pobra as actividades enmarcadas nas Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán. Esta pasada fin de semana con especial protagonismo do teatro. Unha das propostas máis interesantes da fin de semana tiña lugar na mañá do sábado e consistiu nun roteiro teatralizado con Maruxa e Coralia.
O PP de Ribeira urxe ó concello a definir os terreos para o futuro...
O PP de Ribeira volve insistir na necesidade de definir as alternativas para a construción do novo centro de saúde na localidade. Critican a parálise non só deste proxecto senón tamén do futuro polígono industrial por parte do goberno municipal.
15 mozos fórmanse en Informática no obradoiro de emprego conxunto entre Boiro, A Pobra...
15 mozos iniciaron hoxe a súa formación no eido da microinformática ó abeiro do obradoiro de emprego para persoas mozas Xuventude 1. Trátase dunha iniciativa promovida conxuntamento polos concellos de Boiro, Pobra e Rianxo co financiamento da Xunta de Galicia.
A mostra internacional de cinema ‘Mares da fin do mundo’ chega a Ribeira
Chega a Ribeira a Mostra Internacional de Cinema Documental ‘Mares da Fin do Mundo’. O festival, presentado oficialmente esta mañá, celebrarase na localidade do 30 de outubro ó 3 de novembro. Na programación, un amplo número de actividades que van dende proxeccións a charlas ou mesas redondas.
As ANPAS dos centros educativos de Ribeira denuncian os drásticos recortes de persoal
As ANPAS dos centros educativos de Ribeira denuncian os drásticos recortes de profesorado para este curso. Presentarán unha queixa ante a Valedora do Pobo e non descartan mobilizacións para que o alumnado conte cos apoios necesarios para unha educación de calidade.
Cinco espectáculos integran o Ciclo do Outono Teatral na Pobra
A Pobra amplía a súa oferta cultural este outono con cinco funcións enmarcadas no ciclo teatral. Serán tódolos domingos pola tarde no Teatro Elma, dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro.
A IV Andaina Solidaria de Jealsa logra recadar 5.567€
5.567 euros. Esta foi a cantidade recadada na cuarta edición da andaina solidaria Jealsa, celebrada o pasado 29 de setembro. A proba, organizada pola firma conserveira en colaboración coa Sociedade Deportiva Barbantia e outras empresas locais, resultou todo un éxito. Este mediodía tiña lugar de Boiro o acto de entrega do cheque á Fundación Stop Leucemia.

















