O BNG de Noia solicita unha auditoría externa das arcas municipais
O BNG de Noia propón a realización dunha auditoría externa do Concello. A solicitude formulada polos nacionalistas responde á necesidade de analizar os actuais procedementos de xestión, para ver se estes se realizaron conforme á legalidade.
A Deputación reforza a súa aposta pola formación e o emprendemento a través da...
O Lab Barbanza de Boiro acolleu unha xornada formativa para estudantes do ciclo de Administración e Finanzas do instituto de Espiñeira. Neste Campus do Emprendemento, a rapazada tivo ocasión coñecer a experiencia de varios emprendedores que apostaron pola economía de proximidade e sostible.
A Comisión pola Memoria Histórica volve demandar o cambio de nome da rúa Miguel...
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza volverá solicitar a retirada do nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista. Demandarán ademais que se revoguen os títulos de fillos adoptivos e predilectos de Ribeira outorgados a varios dirixentes do franquismo durante a década dos 50.
A Pobra oferta cursos de robótica e impresión en 3D para a mocidade durante...
O concello da Pobra oferta dous cursos de habilidades dixitais para o mes de novembro. Impartiranse os martes pola tarde e ademais de deseño e impresión en 3D, nesta edición incorpórase a robótica.
Bombeiros de toda Galicia fórmanse na Pobra sobre o control de fugas de amoníaco
Bombeiros de toda Galicia participan esta semana na Pobra nun curso organizado pola Academia Galega de Seguridade. O obxectivo é obter formación sobre os operativos a desenvolver ante as fugas de amoníaco, dada a gran cantidade de empresas frigoríficas na zona.
O PP da Pobra denuncia que moitos veciños quedaron sen entrada para o Encontro...
O Partido Popular denuncia que moitos pobrenses quedaron sen entrada para o Encontro do Maior. Entenden que o concello debería ter priorizado a venda para persoas empadroadas no municipio, posto que o xantar se financia cos impostos dos veciños.
A Pobra acolle este venres o espectáculo de drons e pirotecnia, aprazado no Nazareno
Os pobrenses poderán por fin despedir por todo o alto o Nazareno. Despois de que o pasado 16 de setembro as condicións climatolóxicas obrigasen a aprazar o espectáculo de fin de festa, reprogramouse para este venres 25 de outubro.
O concello de Boiro denuncia o nulo investimento previsto pola Xunta no municipio para...
O concello de Boiro acusa á Xunta de discriminar ós seus veciños ante a falla de investimentos previstos para o 2025. Os orzamentos autonómicos para o próximo exercicio non contemplan nin unha soa partida para o municipio.
Mar e CETGA colaboran na investigación do cultivo de salmonete de rocha en catividade
O Conselleiro do Mar visitou o Centro Tecnolóxico do Clúster de Acuicultura de Galicia para coñecer o proxecto de investigación do cultivo de salmonete de rocha. A iniciativa, que busca diversificar a produción da piscicultura galega, é froito dun convenio plurianual entre a Xunta e o CETGA.
Ingreso en prisión para un boirense ó que detiveron cunha gran cantidade de droga
A Garda Civil de Boiro desartellou un importante punto de venda de droga na localidade. Foi no marco da denominada operación ‘Mystica’. O operativo saldouse coa detención dun varón de 39 anos e a incautación dunha importante cantidade de droga.


















