Aguiño celebra por todo o alto o centenario da súa Confraría
Esta fin de semana a Confraría de Pescadores de Aguiño celebrou o seu centenario con diversos actos conmemorativos. Pola mañá desenvolveuse un seminario no que se afondou no papel dos pósitos coma modelo de ordenamento da pesca, e pola tarde, na propia sede da entidade, procedeuse ó descubrimento dunha placa recoñecendo a labor dos seus primeiros socios fundadores.
Bota a andar en Lousame a iniciativa ‘De monte a monte: territorios resilentes’
A proposta, enmarcada no programa Erasmus+, unirá durante un período de ano e medio a comunidades galegas e portuguesas co fin de acadar formas de xestión do territorio máis resilentes fronte ó cambio climático, ós incendios forestais e a perda de biodiverdade.
Muros homenaxea ás mulleres que forman parte da súa historia
Este mediodía inaugurábase en Muros a exposición ‘Ruando: un percorrido pola memoria das mulleres que construíron Muros’. O proxecto, levado a cabo pola promotora i-Radia Crea, está impulsado polo Concello e a área de Igualdade da Deputación da Coruña.
A Xunta destinará uns 600 mil euros á humanización da explanada portuaria de Labarta
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, anunciaba esta mañá en Noia varios investimentos en materia portuaria nesta comarca incluídos nos orzamentos do Goberno Autonómico para 2025. Entre as actuacións previstas figura a reordenación da explanada portuaria de Labarta e a dragaxe do peirao de Testal.
O BNG demanda a cobertura das prazas sanitarias nos centros de saúde de Ribeira...
O BNG volve instar á Xunta a cubrir as prazas vacantes nos centros de saúde de Aguiño e Ribeira. No primeiro, un médico está de baixa e outro a piques de xubilarse, mentres que no segundo tan só hai 10 facultativos en activo, dos 14 que corresponden.
A Pobra creará unha bolsa de emprego para cubrir as vacantes temporais do Servizo...
Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ó proceso selectivo convocado polo concello da Pobra para a contratación de auxiliares do servizo de axuda no fogar. O obxectivo é crear unha bolsa de empresa para a cobertura das vacantes por permisos, Baixas e vacacións.
Un cento de alumnos recibirán formación específica dos principais sectores produtivos do Barbanza
Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra volverán colaborar nunha nova edición do Programa Integrado de Emprego. Os alumnos recibirán formación específica relacionada cos principais sectores produtivos da comarca así como técnicas de orientación laboral e busca de emprego.
Outes mantén as restriccións de consumo de auga da traída municipal polo brote de...
Outes mantén as restriccións de consumo de auga da traída municipal polo brote de gastroenterite. Actualmente son máis de medio cento os veciños afectados. Dende o Concello mostraron a súa preocupación por este episodio, mentres se agarda por coñecer o resultado das analíticas, para poder atallar canto antes o problema de raíz.
A Deputación da Coruña remata a mellora da principal vía de comunicación entre Boiro...
A Deputación da Coruña vén de completar un investimento de millón e medio de euros nas obras de renovación do firme da estrada DP-1.105. A actuación supón unha importante mellora da seguridade na vía que conecta os concellos de Boiro e Noia.
Avanzan a bo ritmo as obras de seguridade viaria na segunda fase do polígono...
Avanzan a bo ritmo as obras de ampliación das beirarrúas na segunda fase do polígono de Espiñeira en Boiro. Ademais das melloras a nivel viario, instalaranse novas cámaras e lectores de matrícula para incrementar a seguridade no parque empresarial.

















