O PP da Pobra insiste na necesidade de dotar ó municipio de máis chan...
O PP da Pobra reclámalle ó Concello que acometa a dotación de chan industrial no municipio. Na actualidade a práctica totalidade das parcelas do parque empresarial están ocupadas, polo que non pode dar resposta á elevada demanda existente.
A Deputación avanza no deseño da futura residencia de Rianxo
A Deputación da Coruña aposta por un novo modelo residencial semellante ó fogar. A comisión técnica responsable do plan vén de manter unha reunión para deseñar os centros que se implantarán inicialmente nos concellos das Pontes, Ordes e Rianxo.
SonAgasallo e os usuarios do CAD darán vida a un ‘tahumi’ no Parque do...
O concello da Pobra vén de poñer en marcha un proxecto creativo en colaboración cos artesáns de SonAgasallo e os usuarios do CAD. Transformarán o toco dunha árbore do parque do Castelo un trasgo co obnxectivo de darlle unha nova vida á natureza.
Ribeira avanza cara o seu novo modelo de cidade coa remodelación do Centenario
Os peóns gañarán espazo no centro de Ribeira grazas á remodelación integral da praza do Centenario. O proxecto presentado esta mañá busca favorecer a mobilidade en todo o casco urbano conectando a zona coa praza do concello de a praza de España. Destaca ademais o protagonismo das zonas verdes.
O alcalde de Noia perde a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos
O alcalde de Noia perdeu hoxe a cuestión de confianza vinculada á aprobación definitiva dos orzamentos municipais. O goberno bipartito noiés, agora en minoría trala marcha do edil Luís Alamancos, atopouse de fronte co resto de grupos que conforman a oposición, que agora terán un prazo dun mes para presentar unha moción de censura.
Wombo Combo convida ós adolescentes de Ribeira a reflexionar sobre o uso das redes...
A rede de Dinamización Lingüística leva ata Ribeira a representación teatral Wombo Combo, inspirada no texto de Paula Carballeira. A función será este domingo ás sete no auditorio municipal. A entrada é de balde e está dirixida principalmente a público infantil e adolescente.
O concello de Porto do Son homenaxea a Noa Romero, bronce mundial en taekwondo
A corporación municipal de Porto do Son brindaba este mediodía unha recepción á taekwondista Noa Romero. Buscan así recoñecer o esforzo da deportista que vén de acadar a medalla de bronce no Mundial de Taekwondo Junior.
A Deputación remata as obras da estrada DP-1.102 de Cespón a Vidres
O presidente da Deputación da Coruña realizou unha visita ó concello de Boiro. Ademais de supervisar o remate das obras da estrada de Neixón, Valentín González Formoso fixo entrega dun vehículo para o departamento de Servizos Sociais.
Máis marisco do agardado no inicio da campaña de Noia
Os mariscadores de Noia volveron esta mañá ó traballo no inicio dunha campaña que comezou mellor do agardado. Abonda a ameixa xapónica e o berberecho de terceira e cuarta polo que non tiveron dificultades para coller os topes en menos de dúas horas.
Noia ultima os preparativos para a Mostra de Curtas que celebra este ano o...
Noia acollerá entre o 30 de outubro e o 9 de novembro a vixésimo quinta edición da súa Mostra de Curtas. Medio cento de cintas participarán no certame. Foron seleccionadas entre os máis de 1200 traballos presentados.

















