Boiro recibe a Bandeira Verde da Xunta polas súas boas prácticas ambientais
O concello de Boiro vén de ser distinguido pola Xunta coa Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia a aqueles municipios que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.
A confraría de Aguiño celebra o 19 de outubro o seu centenario con diversos...
A confraría de Aguiño celebra este ano o seu centenario. Farao o sábado 19 de outubro cunha xornada conmemorativa na que se abrirá cun un seminario e rematará cunha homenaxe ós socios máis lonxevos do pósito.
Ribeira acollerá o 19 de outubro o IV Open de Spinning de Galicia
Esta mañá presentábase en Ribeira a cuarta edición do Open de Spinning de Galicia. No campionato prevese unha participación dunhas 170 persoas.
O PP da Pobra critica o cambio de postura do goberno con respecto ás...
Os populares da Pobra critican o cambio de postura do executivo en relación ás naves dos Areos. Tras anos apostando pola súa recuperación propoñen agora o derrube das fábricas. Aínda que dende o PP sempre defenderon esta opción, entenden que se teñen perdido fondos para acometer esta actuación ó longo dos últimos anos ante a negativa do goberno.
Ribeira aproba o seu orzamento cos votos en contra do PP
O executivo de Ribeira sacou adiante a súa proposta de orzamentos para 2024. O pleno deu luz verde á tramitación inicial das contas a pesar da oposición do PP que criticou duramente o retraso na aprobación así como a falla de diálogo para achegar propostas.
A Deputación da Coruña pon en valor o labor das entidades sociais na atención...
Visibilizar a importancia da saúde mental e rachar cos estigmas aínda presentes na sociedade. Este é o obxectivo principal do Día Mundial da Saúde Mental que se conmemora hoxe. O concello de Ribeira celebrou esta mañá un coloquio, organizado pola asociación A Creba, coa intervención de distintos expertos na materia dende o punto de vista sanitario e social.
Mar e as federacións de confrarías avanzan no borrador do plan de xestión do...
A Consellería do Mar e as federacións de confrarías traballan no deseño do plan de explotación do polbo na busca dunha xestión máis eficiente e sostible do recurso. Estudan a ampliación do período de veda ata catro meses, dous deles subvencionados.
Os mariscadores de Noia volverán ó traballo o luns con poucas expectativas
A campaña marisqueira de Noia arrancará o próximo luns. As perspectivas non son boas aínda que si mellores que o pasado cando a actividade extractiva tivo que paralizarse 10 días despois do seu comezo, ante a escaseza de recurso.
Rafael Álvarez ‘El Brujo’ recalará en Ribeira co espectáculo ‘Iconos’
Ribeira engrosa a súa programación cultural con catro novas propostas que se desenvolverán no auditorio ata decembro. Destaca o espectáculo ‘Iconos’ do recoñecido dramaturgo Rafael Álvarez ‘El Brujo’.
A borrasca Kirk deixa pegada no Barbanza
Nas comarcas do Barbanza e Muros e Noia rexistráronse un regueiro de incidencias. A maioría delas de pouca consideración. A máis grave, en Porto do Son, onde o forte vento tirou con varias das paredes do polideportivo anexo ó instituto Fraga do Noivo. Motivo que obrigou á suspensión das clases.


















