A Xunta propón nun informe a fusión de Meaño con Sanxenxo e de Lousame...
A Xunta reabre o debate sobre a posible fusión de concellos. O goberno galego presentará este xoves un informe no que propón sete posibles fusións. Na nosa zona de cobertura habería dous casos: a unión de Noia con Lousame e a de Sanxenxo con Meaño.
Nova protesta no hospital do Barbanza para denunciar a ausencia dun radiólogo de garda
Traballadores do hospital do Barbanza concentráronse esta mañá ás portas do centro para denunciar a falla de persoal. Por terceira vez, non disporán dun radiólogo de garda nas quendas de tarde e de noite, cos consecuentes prexuízos para os pacientes e os traballadores.
A devoción polo Nazareno congregou na Pobra a milleiros de persoas
Como cada ano, a procesión do Nazareno atrae ata A Pobra a miles de fieis. Numerosos ofrecidos e catro ataúdes acompañaron ó Santo no seu percorrido pola vila que se prolongou ata mediodía.
Rianxo segue inmersa nas celebracións na honra da Guadalupe
Rianxo segue inmersa nas Festas da Guadalupe. Hoxe os actos centrábanse na praza de Castelao onde se desenvolveron os xogos das Juadalupeñas. Aínda que o día grande foi onte domingo, cando a Moreniña percorreu a ría na tradicional procesión marítima.
Arqueoloxía, historia, onomástica e literatura centran a sétima edición das xornadas ‘A Pobra no...
O concello da Pobra volverá poñer en valor o seu patrimonio cultural coa sétima edición de A Pobra no tempo. As xornadas desenvolveranse o 28 e o 29 de setembro e versará sobre arqueoloxía, historia, onomástica e literatura.
Serra do Barbanza demanda as mesmas bonificacións que as aplicadas ós concellos do modelo...
Tralo compromiso da Xunta de asumir o 60 por cento da suba do canon de SOGAMA, a Mancomunidade Serra do Barbanza demanda o mesmo trato. Piden que se subvencione tamén parte das taxas ós concellos integrantes que envían os seus residuos á planta de compostaxe de Servia en Lousame
A empresa Skidata instalará a nova maquinaria do aparcadoiro do Centenario
O concello de Ribeira vén de adxudicar a renovación da maquinaria do aparcadoiro do Centenario á empresa Skidata Ibérica S.L. Implantará un novo sistema de xestión para o pago automático e a xestión integral a través dunha unidade de control.
Outes organiza catro rutas este outono para divulgar o seu patrimonio
O concello de Outes oferta este outono unha serie de andainas para poñer en valor o seu patrimonio. Será catro percorridos guiados que terán lugar nos meses de setembro e outubro.
A presidenta da Comisión Europea de Pesca recolle as demandas do sector na lonxa...
A presidenta da Comisión Europea de Pesca, Carmen Crespo, visitou a lonxa de Ribeira. alí mantivo un encontro con representantes do sector pesqueiro para recoller as súas demandas coa intención de trasladalas ó Parlamento Europeo.
O PSOE de Rianxo reclama a posta en marcha do Plan Madriga no CEP...
O PSOE de Rianxo segue a demandar medidas que favorezan a conciliación das familias. Entre elas, a implantación do Plan Madruga no CEIP Brea Segade que este curso tampouco dispón do servizo.

















