Alecrín impartirá xornadas de portas abertas na Pobra para dar a coñecer novas modalidades...
O concello da Pobra volve poñer en marca o programa Baila con Nós. Trátase dunha serie de obradoiros para dar a coñecer distintas modalidades de baile. desenvolveranse no colexio Salustiano Rey Eiras os días 20 e 27 de setembro.
Preto de 200 deportistas participan este domingo no Campionato Galego de Remo de Mar...
Preto de 200 deportistas daranse cita no Campionato Galego de Remo do Mar que se celebra este domingo na praia da Ornanda en Porto do Son a partir das dez da mañá. Está organizado polo Club do Mar de Noia en colaboración cos concellos de Noia e Porto do Son.
As protestas polos recortes marcan o inicio do curso no Barbanza
O inicio do curso escolar foi especialmente reivindicativo en varios centros educativos do Barbanza. En Boiro, colexios e institutos convocaron un mércores negro polo que numerosos alumnos e mestres acudiron vestidos de loito. En Rianxo, a cor protagonista foi o azul en solidariedade cos alumnos que padecen trastorno do espectro autista.
O concello da Pobra habilita varios estacionamentos no casco urbano durante o Nazareno
O concello da Pobra habilitará diversas zonas para o estacionamento durante as festas do Nazareno. estarán operativas entre o venres e o luns para desconxestionar o municipio dado o alto volume de visitantes que se prevé.
400 corredores participan este domingo no VIII Trail dos Indios-Castelo de Vitres
Boiro acollerá este domingo a oitava edición do Trail dos Indios - Castelo de Vitres. Ademais das dúas distancias de 24 e 14 quilómetros, este ano haberá tamén unha andaina non competitiva.
A Pobra investiu máis de 60 mil euros na posta a punto dos centros...
O concello da Pobra acometeu ó longo de verán unha serie de actuacións de mellora nos centros educativos do municipio. O investimento superou os 60 mil euros que se veñen sumar ás tarefas de mantemento e posta a punto en tódolos colexios.
A Xunta pon en valor o traballo de Frouma que transforma madeira de batea...
O Conselleiro de Emprego visitou esta mañá as instalacións do obradoiro de artesanía Frouma en Ribeira. Trátase dunha empresa especializada en pezas de deseño en madeira, que fíxose co Premio de Artesanía de Galicia en 2023.
O BNG denuncia un novo retraso nos prazos para desdobrar o corredor Brión-Noia
O BNG de Muros Noia denuncia un novo retraso no desdobramento do corredor Brión Noia. As obras non comezarán ata 2026 ó non terse executado a partida para a expropiación dos terreos recollida non orzamentos.
As Amas de Casa de Ribeira volverán enxalzar o traxe tradicional galego
Ribeira celebra este sábado a cuarta edición da Ruada do Traxe Tradicional. No acto, que se enmarca na programación das festas de Santa Uxía, participarán preto de 300 persoas de distintas agrupacións.
Emotiva homenaxe ós mariñeiros nas Festas do Carme de Porto do Son
Porto do Son atópase inmersa nas Festas do Carme que esta fin de semana celebraban a súa fin de semana grande. Hoxe, festivo local, os actos centráronse na capela do Loreto onde tivo lugar a tradicional romaría.


















