O centro de saúde de Rianxo conta só con 4 médicos, a metade dos...
Continúan as protestas convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Desta volta, concentráronse en Rianxo onde a situación de centro de saúde empeorou con tan só a metade dos médicos que lle corresponden.
O concello de Outes estrea bonos desconto para o Outono Teatral
Outes acolle a a 29 edición do Outono Teatral con importantes novidades. Ademais da posibilidade de adquirir bonos con desconto, estrearase a venda electrónica das entradas a partir do próximo luns día nove.
Uns 20 culturistas participarán este sábado no Campionato Galego que se celebra en Boiro
A Casa da Cultura de Boiro acollerá este sábado un Campionato galego e o OPEN de Culturismo. Participarán 20 deportistas nunha decena de categorías diferentes.
Aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios do CELGA en Ribeira
O concello de Ribeira abriu o prazo para inscribirse nos cursos de lingua galega preparatorios para a obtención do CELGA. Os interesados tan só teñen que contactar co departamento de Normalización Lingüística. O único requisito é ser maior de 16 anos.
Arranca en Rianxo o Rock in Rian co patrocinio da Deputación da Coruña
Rianxo convértese esta fin de semana en sede da música galega. Máis de 20 bandas pasarán polos dous escenarios do festival Rock in Rian. Entre elas0 Kaotiko, Mondra, Dios ke te Crew ou Monolius Dop.
A ANPA do colexio de Lousame maniféstase en contra dos recortes de profesorado
A ANPA Alecrín do Colexio Cernadas de Lousame manifestábase esta mañá ás portas do centro en contra dos recortes de profesorado. Ademais da perda do especialista en Audición e Linguaxe, este curso contarán cun coidador menos a pesar do alto número de alumnos con necesidades de apoio educativo.
Boiro volve recoñecer a contribución social de persoas e entidades cos Distintivos Benestar Social
O concello de Boiro celebrará este venres a terceira edición dos Distintivos Benestar Social. Estes galardóns buscan recoñecer o labor social e de voluntariado que realizan diversas entidades, persoas e empresas do municipio.
O Colexio Galaxia convoca un concurso de debuxo en memoria de Monste Noya
O colexio Galaxia e o concello de Ribeira convocan o primeiro concurso de debuxo Montse Noya Vázquez, en homenaxe a esta mestra falecida o pasado ano. Está dirixido ó alumnado de tódolos centros educativos do municipio.
O Pazo de Goiáns volverá ser escenario do Mes da Danza de Boiro
O concello de Boiro volverá celebrar o mes da danza cun variado programa de actividades culturais ó longo de todo setembro. Combinará actuacións de artistas locais con convidados, representando diversos estilos de baile.
Denuncian irregularidades na adxudicación das prazas de auxiliar na Policía Local de Ribeira
Denuncian ó concello de Ribeira por presuntas irregularidades no proceso de estabilización dos auxiliares de Policía Local. Adxudicouse unha praza a un aspirante que se atopaba por baixo doutros catro na lista.

















