Ribeira acolle a súa Mostra de Teatro máis longa e internacional

De setembro a decembro desenvolverase en Ribeira a Mostra de Teatro coa actuación de compañías de recoñecido prestixio. As funcións desenvolveranse no auditroio e, por primeira vez, poderán adquirirse as entradas por vía telemática.

A parroquia de Santa Cruz celebrará o Santísimo con actos culturais e relixiosos

Á espera da cita co Nazareno, o concello da Pobra acollerá outras festas nas parroquias. Destaca o Santísimo de Santa Cruz de Lesón que se celebrará entre o 6 e o 10 de setembro.

A recuperación dos antigos atraques inicia a recuperación do bordo litoral de Boa

O director da Axencia de Turismo de Galicia desprazouse ata Porto do Son para coñecer o proxecto de recuperación de atraques no litoral de Boa. A actuación, que conta cunha subvención para o embelecemento do litoral, enmárcase nun ambicioso proxecto para a recuperación desta zona costeira coa dotación dunha pasarela voadiza e a creación dunhas pozas naturais.

A Pobra ultima os detalles do dispositivo de seguridade para o Nazareno

O concello da Pobra celebrou esta mañá a xunta local de seguridade para coordinar o dispositivo de cara ás festas do Nazareno. Estivo presidida pola subdelegada do goberno na Coruña, María Rivas, e contou con representación dos corpos de seguridade e entidades colaboradoras.

Congalsa, distinguida co Premio de Sostibilidade Empresarial de Galicia

Congalsa foi distinguida co premio de sostibilidade empresarial de Galicia que outorga a Xunta. Estes galardóns recoñecen as boas prácticas en materia laboral, ambiental e social así como a aposta pola conciliación.

A confraría de Rianxo considera discriminatoria a orde de axudas para as mariscadoras a...

O patrón maior de Rianxo denuncia a discriminación no pago das axudas ás mariscadores a pé. A orde de subvención establece para o cálculo unha media dos días traballados nos anos anteriores co que apenas percibirán uns 700 euros ó mes.

Convocado o VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Convocada a sétima edición do premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. O concello da Pobra, a editorial Galaxia e a asociación cultural Barbantia promoven este certame dotado con tres mil euros e a publicación da obra gañadora.

Ribeira vivirá catro días de festa na honra da súa patroa

Ribeira honrará á súa patroa con catro días de celebracións. As festas de Santa Uxía desenvolveránse do 12 ó 15 de setembro combinando actos litúrxicos cunha ampla oferta de lecer.

A directora xeral de Xuventude asiste a unha sesión de ‘Talentia’ no campamento xuvenil...

BOIRO> A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá no campamento xuvenil de Espiñeira a un grupo de rapaces que participa no programa...

A licitación diversas obras de mellora no Centro Arqueolóxico do Barbanza

BOIRO> Boiro vén de sacar a licitación as obras para a mellora e adaptación do Centro Arqueolóxico de Neixón. O importe total do proxecto ascende...

REDES SOCIAIS

40,759FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete