Callejeros recadará fondos en Ribeira cun concerto polo benestar animal

A Praza de España de Ribeira será escenario este sábado dun concerto solidario para recadar fondos destinados a ‘Callejeros Barbanza’. Contará coas actuacións de Sinverjuergas e D.J. Antón así como un coloquio para abordar a necesidade de controlar as colonias felinas.

Porto do Son acollerá este sábado unha velada de boxeo con 11 combates

Porto do Son acollerá este sábado a súa primeira velada de boxeo. Dará comezo a partir das nove no pavillón Santa Irene. Entre os competidores que tomarán parte nos 11 combates destaca o actual campión galego, Silvestre Gómez, que porá en xogo o seu título.

Adxudicada a mellora dos accesos ó parque empresarial de Té dende a Laxe e...

O executivo rianxeiro vén de adxudicar a mellora dos viais de acceso ó parque empresarial de Té dende os núcleos da Laxe, en Taragoña, e Montegrande, en Asados. A actuación, que será realizada pola empresa Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa S.L., conta cun orzamento de preto de 60 mil euros.

Barbanza Golf mellora o mantemento das súas instalacións grazas a unha axuda do Bono...

O campo Barbanza Golf avanza na mellora das súas instalacións coa adquisición dunha máquina para o mantemento dos green. Foi posible grazas a unha axuda da Xunta de Galicia no marco do Bono Consolida Economía Social.

A Pobra homenaxea a Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano que formou parte da compañía...

O concello da Pobra rendeu homenaxe a Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano que participou na liberación de París da ocupación nazi. O acto, celebrado ante escultura pola memoria histórica dos Xardíns Valle-Inclán, participou a neta deste soldado, integrante da compañía ‘La Nueve’.

A París de Noia pon o broche de ouro ás Festas na honra de...

Noia pecha hoxe o seu calendario festivo do verán co remate das Festas de San Bartolomeu. A verbena amenizada pola París de Noia porá o mellor broche a catro días de festexos onde houbo tempo para a devoción e a diversión a partes iguais.

Daniel Iglesias proclámase campión da regata Gadis, condicionada polo forte vento

Daniel Iglesias proclamouse gañador da Regata Gadis celebrada esta fin de semana en Ribeira. A proba estivo condicionada polo forte vento que obrigou a retrasar a saída das segunda xornada.

Ribeira continúa coa mellora de servizos nas parroquias

RIBEIRA> O concello de Ribeira segue dando pasos de cara a mellora dos servizos básicos nas diferentes parroquias. É o caso da actuación levada a cabo...

Arranca en Ribeira a terceira edición de Gastromar

RIBEIRA> O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá na inauguración da III edición da feira Gastromar, organizada pola Asociación...

A Deputación financiará parte da mellora do campo de fútbol de Outes

OUTES> O presidente da Deputación realizou esta mañá unha visita institucional ó concello de Outes. Ás portas da casa consistorial agardábano representantes dos distintos grupos...

REDES SOCIAIS

40,759FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete