Inaugurado o primeiro treito do Camiño de Muros-Noia trala rexeneración da senda de Pontenafonso
O concello de Noia inauguraba esta mañá o primeiro treito do camiño de Santiago da Ría de Muros Noia trala súa restauración ambiental. Ademais do reforzo do firme e a mellora da accesibilidade, instaláronse varios paneis informativos na senda entre Pontenafonso e Orro
Noia celebrará o sábado 27 de xullo a terceira edición do Bolo Fest
NOIA> Por terceiro ano consecutivo e, despois do éxito das edicións anteriores, volve o Bolo Fest.
A cita organizada polo Concello en colaboración cos varios...
O aparcadoiro do Centenario abrirá as 24 horas a partir do 1 de agosto
O vindeiro 1 de agosto comezará a funcionar o novo servizo de conserxería no aparcadoiro do Centenario. Isto implicará que a instalación abra en horario ininterrompido durante as 24 horas, de luns a domingo.
O SERGAS afirma que a atención pediátrica na comarca noiesa estará garantida durante o...
NOIA> O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, explicou que a decisión de centralizar a atención pediátrica en...
O prezo medio do percebe supera os 60 euros no arranque da campaña en...
Os percebeiros de Aguiño iniciaron este mes de xullo a campaña con moi bos resultados. Nestas primeiras xornadas houbo gran cantidade de recurso, máis do agardado, e o prezo medio roldou os 60 euros, superando tódalas expectativas.
Un cento de artistas participarán no Certame de Pintura ó Aire Libre de Noia
Noia acollerá o próximo 27 de xullo a 16 edición do Certame de Pintura ó Aire Libre. Participarán ó redor dun cento de pintores que deberán plasmar diversos enclaves da vila noiesa, en zonas acoutadas polo concello.
Domingo Ayaso e Daniel Bravo, percebeiros de honra en Aguiño
Aguiño quenta motores para a Festa do Percebe que celebra este ano o seu 25 aniversario. A organización daba a coñecer esta mañá algunhas das novidades desta edición na que se repartirá preto dunha tonelada de marisco.
Os condutores de Ribeira volverán procesionar na honra de San Cristovo
Os ribeirenses volverán honrar este domingo a San Cristovo con diversos actos entre os que destaca a procesión de vehículos. Dende o concello chaman ós condutores a participar engalanando os coches para a ocasión.
Outes será unhas das cinco sedes do Festival Abanea de Danza e Movemento
Outes acollerá por segundo ano o festival de Danza e Movemento ABANEA. Esta iniciativa mestura obradoiros participativos para a veciñanza con actuacións profesionais en encraves naturais de gran beleza como a praia de Broña e o estaleiro de Ciprián.
Os socialistas de Outes, Lousame e Porto do Son opóñense á centralización do servizo...
NOIA> Os voceiros do Partido Socialista de Lousame, Outes e Porto do Son mostraron esta mañá o seu malestar coa medida proposta pola consellería...


















