Máis dun cento de deportistas nadarán entre Rúa e Ribeira para apoiar a loita...

Uns 150 deportistas participarán este domingo na sexta edición da travesía a Nado Illa de Rúa. A recadación da proba irá destinada á Xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira.

Máis de 400 nenos participarán na I Mini BTT Ría de Noia

A peña Ciclista Toxo organiza a primeira Mini BTT Ría de Noia. Disputarase o 7 de xullo dende o campo da festa de Santa María de Roo coa participación de máis de 400 nenos.

A Xunta convoca un concurso para dixitalizar a xestión das ETAP

A Conselleira de Medio Ambiente visitaba esta mañá a EDAR da Pobra para coñecer o sistema de dixitalización, xa implantado en 27 das 28 depuradoras que xestiona Augas de Galicia. Ángeles Vázquez anunciou a convocatoria dun concurso para incorporar tamén este sistema ás estacións de tratamento de auga.

A Pobra amplía a súa oferta turística cun autobús ás piscinas do Río pedras...

A POBRA> O concello da Pobra incrementará este verán a súa oferta turística coa fin de ofrecer unha experiencia máis completa ós visitantes. Ademais...

Ribeira reivindica o orgullo cunha campaña en defensa da liberdade e a diversidade

O concello de Ribeira festexará o Día do Orgullo cunha campaña en defensa da liberdade. ademais do acto institucional previsto para este venres haberá actuacións musicais, obradoiros e unha exposición bibliográfica.

Máis de 40 embarcacións participarán este sábado na XXIII Regata Frinsa

Unhas corenta embarcacións participarán este sábado no vixésimo terceira Regata Frinsa. Consistirá nun percorrido polo interior da ría no que dous catamaráns acompañarán ós regatistas para que o público poida disfrutar da regata.

A actriz Susana Sampedro, profeta na súa terra

O concello de Ribeira brindou unha recepción á actriz Susana Sampedro. A intérprete ribeirense vén de gañar o Mestre Mateo como mellor actriz de reparto polo seu papel de Carme na longamentraxe Matria.

Augas de Galicia executa traballos de limpeza e conservación no río de Artes

A Conselleira de Medio Ambiente desprazouse esta mañá ata Ribeira para supervisar os traballos de mantemento que está a executar Augas de Galicia no río Arlés. Ademais da retirada de árbores caídas nas canle fluvial os operarios traballan na limpeza das marxes e eliminación de especies invasoras.

A mesa local contra a violencia de xénero analiza o incremento de casos en...

Ribeira celebraba esta mañá a reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero. Ademais de responsables de distintos departamentos municipais e dos corpos de seguridade, participou no encontro o Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.

O Siradella proclámase campión da XXIV Regata Ramiro Carregal-Gran Trofeo Faro de Corrubedo

O Siradella do Naútico de Portosín fíxose con triunfo na Regata Ramiro Carregal – Gran Trofeo de Faro de Corrubedo. Logrou impoñerse nas dúas xornadas de competición nas que se disputou unha proba costeira e un barlovento-sotavento.

REDES SOCIAIS

40,760FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete