Desmantelado un grupo criminal especializado no roubo de cable telefónico

NOIA>  A Garda Civil detivo a un total de dez persoas, todos eles varóns, como presuntos autores de alomenos 13 delitos de roubo, de...

A Xunta destina 7’3 millóns de euros para compensar ós mariscadores afectados polos paros...

A Xunta destinará máis de 7 millóns de euros a compensar os paros temporais dos mariscadores de varias zonas de Galicia. Beneficiaranse destas  axudas, con cargo ó Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, os rañeiros do libre marisqueo de Arousa, da confraría de Noia e de varios pósitos da ría de Pontevedra.

Alfonso Villares pon ó Museo do Mar de Noia como exemplo de recuperación da...

Ademais das axudas ó sector produtivo, dende a Consellería do Mar seguen a apostar pola posta en valor da cultura marítima de Galicia. Alfonso Villares visitaba esta mañá o Museo do Mar de Noia que puxo como exemplo do labor dos GALP na recuperación do patrimonio pesqueiro e industrial da vila.

Máis de 700 remeiros participarán en Cabo no Territorial Norte de Trainerillas

Cabo de Cruz acollerá esta vindeira fin de semana, sábado e domingo, o Campionato Territorial Norte de Trainerillas. A proba, organizada polo Club de Remo Cabo de Cruz e a federación Galega de Remo, reunirá na localidade a máis de 700 remeiros de distintas categorías chegados de clubs das provincias da Coruña e Lugo.

Noia converterase este domingo na capital galega do savate

O Liceo de Noia acollerá este domingo o Campionato Galego de Savate, unha modalidade de boxeo baseada en técnicas de contacto moi controlado. Contará con máis dun cento de participantes de toda Galicia

Noia albergará a final da Copa Galicia Masculina de Fútbol Sala

NOIA> O pavillón Agustín Mourís será sede, por segundo ano consecutivo, da final da Copa Galicia Masculina de fútbol sala. A cita, que chega este...

A Xunta investiu preto do millón de euros en Lousame en 2023

LOUSAME> Despois de asinar no libro de honra do Concello, a nova delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, destacou a colaboración...

A mostra sobre o autismo de Amicos chega a Lousame

LOUSAME> O acto inaugural en Lousame da exposición sobre o autismo organizada pola asociación Amicos que dende hai máis dun mes percorreu os concellos...

Comisados preto de 800 quilos de sardiña no porto de Ribeira

Comisados preto de 800 quilos de sardiña no porto de Ribeira a un barco que excedía o límite máximo de capturas permitido. O operativo foi levado a cabo polo Servizo Marítimo da Garda Civil, tras constatar, nun control das capturas a bordo, que o barco traía maior cantidade de peixe que o regulado, que se sitúa nos 2.500 quilos.

Máis de 600 motos concentraranse esta fin de semana na décima edición da ‘SinFrenos’...

Máis de 600 motos daranse cita esta fin de semana na décima edición da Concentración Moteira ‘SinFrenos’ que se celebrará na contorna do paseo dos Areos. Haberá exhibicións, concursos e unha festa con sesións DJ. Dará comezo o sábado a partir das catro da tarde, e odomingo desenvolverase unha ruta moteira polos concellos de Boiro, Noia e Porto do Son que rematará cun xantar de confraternidade e a entrega de agasallos e trofeos.

REDES SOCIAIS

40,761FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete