O Club Náutico O Muíño denuncia unha ‘apertura incontrolada’ das comportas do encoro de...

24 horas despois das enchentes que se rexistraron en Cabanelas, no concello de Ribadumia, a zona volveu xa a normalidade. No Club Náutico O Muíño chegaron a ter máis dun metro de auga dentro do seu local. Bótanlle a culpa destas inundacións á presa da Laxe, en Caldas, que segundo denuncian abriron sen ningún tipo de control. Din ademais que os mecanismos para evitar riscos non funcionan porque, aseguran, do mesmo xeito que aconteceu en Valencia, ninguén avisou das enchentes aos posibles afectados.

As comarcas de Caldas e O Salnés, pendentes da situación do río Umia

Nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra Herminia tamén se deixou notar con forza, pero sen incidencias graves. Árbores caídas, colectores do lixo envorcados, bolsas de auga e pequenos desprendementos foron a tónica habitual nas últimas horas. O que máis preocupa é a evolución dos ríos e, en especial, a situación do Umia ao seu paso por Caldas.

Jacobo Pérez Gulín, cuarto alcalde socialista da democracia en Caldas

Jacobo Pérez Gulín xa é o novo alcalde de Caldas. Esta mañá tivo lugar a sesión de investidura do socialista, logo da renuncia de Juan Manuel Rey hai uns días. Gulín convértese no cuarto alcalde da democracia no municipio. Esta mañá estivo arroupado polos seus predecesores no cargo e compañeiros de partido. O novo alcalde prometeu honestidade e transparencia na súa xestión.

Pérez Gulín asume a alcaldía de Caldas con ‘ganas e ilusión’ avanzando unha liña...

Jacobo Pérez Gulín asumirá o bastón de mando o vindeiro 30 de decembro. Di asumir a alcaldía con ganas e ilusión. Avanza que a súa xestión virá marcada pola continuidade, poñendo en foco nos proxectos que Juan Manuel Rey deixa enriba da mesa. O socialista situarase á fronte dun goberno bipartito. Agarda manter co BNG a boa sintonía que, segundo indicou, mantiveron ata o momento as dúas formacións na vila.

Rey despídese da alcaldía satisfeito: ‘Caldas vive unha idade de ouro’

Juan Manuel Rey despídese da alcaldía do Concello de Caldas. O aínda rexedor fixo hoxe balance dos seus dezaoito anos á fronte do goberno local. O socialista explicou que toma a decisión de marchar logo de conseguir algúns dos grandes obxectivos que aínda tiña pendentes, entre eles, o anuncia de que haberá novo centro de saúde na vila. O rexedor avanzou hoxe que a sinatura do convenio con Sanidade poderá ter lugar en breve, logo de que a consellería confirmase que toda a documentación aportada polo concello é correcta.

Juan Manuel Rey deixará a alcaldía de Caldas nos vindeiros días

O alcalde de Caldas deixará nos vindeiros días o bastón de mando no municipio. Así o anunciou hoxe José Manuel Rey nunha entrevista en Radio Arosa. Fíxoo precisamente no día no que se cumpren 18 anos dende a súa chegada ao cargo. Rey explicou que se trata dunha renuncia voluntaria. Xa hai uns meses adiantara a necesidade de dar cabida a novos proxectos e liderados. Todo apunta a que trala marcha de Juan Manuel Rey será o número dous da candidatura socialista, Jacobo Pérez Gulín, quen se converta no novo alcalde de Caldas de Reis.

Caldas recuperará a riqueza botánica e patrimonial da súa Carballeira cunha achega de 1,45...

Visita do subdelegado do Goberno a Caldas de Reis. Abel Losada coñeceu sobre o terreo o proxecto impulsado dende o concello para recuperar a súa carballeira. A iniciativa conta cunha achega de 1,45 millóns de euros do Goberno do Estado, financiada con fondos europeos Next Generation. Unha aposta, dixo, polo desenvolvemento turístico e cultural.

A provincia de Pontevedra, a máis afectada por Kirk con 300 incidencias

A de Pontevedra foi a provincia onde máis incidencias se rexistraron, unhas 300 das máis de 550 que contabilizou o 112 Galicia relacionadas con esta borrasca. Ningún concello da nosa contorna se librou do paso de Kirk, deixando danos en tódolos municipios, aínda que por fortuna, de escasa consideración. En Barro o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, mentres que en Poio levou por diante un chiringuito da praia de Lourido. Ademais, houbo que suspender as clases en varios centros educativos.

A Deputación de Pontevedra farase cargo da mellora da mobilidade peonil na...

A Deputación de Pontevedra farase cargo da mellora da mobilidade peonil na Travesía de Dona Urraca, no concello de Caldas. Así o acordaron o presidente provincial e o alcalde caldense nunha reunión celebrada esta mañá. Iso si, Luis López puxo un condicionante: será o goberno local quen teña que conseguir os terreos necesarios para esta intervención. Recordemos que nesta zona é onde se vai situar o novo centro de saúde de Caldas.

Actos festivos para reivincar un mundo sen guerras polo Día da Paz

RÍAS BAIXAS> Hoxe conmemórase o Día da Paz e non violencia. Moitos concellos da nosa contorna impulsaron actos reivindicativos coa rapazada como protagonista. En...

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete