Caldas apúntase á moda do tapeo cunha ruta na que participan dez locais

O concello de Caldas e a Asociación de Hostalería da vila impulsan a I Ruta de Tapas na que participan dez locais. Poderanse degustar por tan só tres euros entre este venres e o domingo. Este martes desvelaron as propostas coas que participan, poñendo en valor que están elaboradas con produtos de calidade e de quilómetro cero. Un xurado profesional e os propios clientes poderán escoller as creacións gañadoras. A cambio, entrarán no sorteo de vales de compra e dous abonos para o Portamérica.

O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...

Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.

O alcalde da Caldas, satisfeito co anuncio da cancelación da Variante Oeste, do que...

Satisfacción no concello de Caldas ante a cancelación do proxecto da Variante Oeste. O alcalde agarda que a semana que vén o delegado do goberno oficialice ese anuncio para a partir de aí retomar o proxecto do 2008. O PP, entre tanto, garda cautela. De feito, manteñen unha iniciativa que van levar ao pleno do Parlamento a vindeira semana. Desconfían do anuncio feito polo líder dos socialistas galegos porque, din, Besteiro non é a persoa que debera ter anunciado a cancelación da Variante.

Emprego presenta ao empresariado de Valga as súas iniciativas para o fomento da empregabilidade

Encontro do conselleiro de Emprego co tecido empresarial de Valga e a súa contorna para dar conta das iniciativas da Xunta para este ano para potenciar a empregabilidade e a competitividade. José Gonzalez aproveitou para poñer de manifesto as políticas de emprego que pechan o círculo, conectando a formación con incentivos á contratación.

O Umia dá un respiro en Caldas á espera de máis chuvias

Caldas prepárase para a chegada das novas borrascas. O municipio ten a vista posta nas chuvias previstas para este venres, que poderían provocar de novo inundacións. Este mércores a vila respiraba algo aliviada, co Umia volvendo ao seu leito. No municipio mantéñense zonas inundadas, como na contorna da praia fluvial ou nas parroquias de Godos e Saiar.

Caldas, en nivel vermello ante risco ‘moi elevado’ de inundacións

Alerta máxima en Caldas ante o risco de inundacións pola crecida do Bermaña e o Umia. A Dirección Xeral de Emerxencias emitiu un aviso facendo un chamamento a extremar as precaucións logo de que este mediodía se acadase o nivel vermello na estación Bermaña-Umia, o que se traduce nun alto risco de crecidas. Co Umia xa desbordado en varios puntos, o alcalde fai tamén un chamamento a evitar riscos innecesarios.

Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas

A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.

Moraña e Cuntis, entre os concellos con alerta máxima por intensas chuvias

Alerta vermella por intensas chuvias en 16 concellos do interior da provincia de Pontevedra, entre eles, Moraña e Cuntis. Neste último, xa se produciron desbordamentos de ríos. As autoridades fan un chamamento a extremerar as precaucións e evitar desprazamentos innecesarios. O peor agárdase contra as 21:00 horas deste luns.

A provincia de Pontevedra convértese na meta do turismo deportivo en Fitur

A Deputación de Pontevedra centra no deporte a campaña que levou este ano a Fitur. 'A túa meta, o teu destino' presentouse en Madrid como un convite para "desconectar, conectar e reconectar" da rutina, descubrindo as Rías Baixas a través do deporte. O presidente provincial estivo acompañado durante o acto do xefe do executivo galego.

Valga converte nunha festa a recepción dos Reis Magos

Inchables, obradoiros e chocolate con churros. Con esta festa recibiu Valga aos Reis Magos. Como xa é tradición, as Súas Maxestades visitaron os arredores do Belén Artesanal para poder saudar á rapazada valguesa e recoller as últimas cartas.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete