A Xunta leva a cabo distintas melloras no CODI e no centro de día...

A Xunta destina 134.000 euros á mellora do Centro Ocupacional de Discapacidade e do centro de día para persoas maiores de Valga. Ademais das obras que se fixeron nestes dous espazos, o goberno galego tamén concedeu unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional. Este conxunto de melloras son o resultado dos convenios de colaboración asinados entre o concello e o goberno galego ao longo de 2024.

O Belén de Valga abre as portas na súa trixésima edición cunha homenaxe aos...

O Nadal xa está inaugurado no concello de Valga. Xa está aberto ao público o Belén Artesanal en Movemento do municipio, que este ano celebra a súa edición número 30. Fai cunhas 4.500 pezas que recrean os acontecementos de maior relevancia social, política e deportiva do último ano. Tamén reservando un espazo a modo de homenaxe aos afectados pola DINA de Valencia.

O Goberno central inviste en Valga 3,5 millóns de euros para a supresión de...

Para o Concello de Valga esta é unha das grandes obras que había pendentes no municipio, porque á mente de todos os veciños cando se fala de pasos a niveis vén o tráxico episodio de 2007 cando falecían tres veciños arrolados polo tren no paso de Campaña. Agora, o goberno central está a investir no concello máis de tres millóns e medio de euros para a supresión de dous pasos a nivel.

Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este...

A Xunta porá en marcha novas unidades de atención temperá antes de que ramate o ano. A de Poio instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. Tamén se abrirá a de Rianxo e outra na que se agrupan os concellos de Pontecesures, Valga, Padrón, Rois e Dodro.

Margarita Robles: ‘Urovesa é un orgullo para nós e debería selo tamén para Galicia...

A Ministra de Defensa, en Valga. Margarita Robles visitou esta mañá as instalacións de Urovesa. Alí mantivo unha longa reunión de traballo coa dirección da compañía. Trátase dun factoría onde se fabrican os vehículos todoterreo polivalentes do Exército de Terra que operan en distintas zonas de conflito.

Simulacro dun incendio con risco para as persoas entre Valga e Pontecesures

Galicia enfróntase de novo a un verán que pode ser moi complicado en canto a incendios forestais, pola previsión dun tempo seco e caloroso. Esta mañá tivo lugar un gran simulacro de extinción dun lume dunha características moi complexas. Afectaba a dúas provincias, Pontevedra e A Coruña, extendéndose polos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón e A Estrada; e incluíndo a evacuación de dous núcleos de vivendas.

Urovesa finaliza a formación da primeira quenda de traballadores no seu centro de formación

Urovesa, no concello de Valga, inaugurou hoxe o novo centro de formación das súas instalacións. O acto estivo encabezado polo presidente da Xunta. Alfonso Rueda destacou a importancia de que as empresas aposten pola formación de talento novo no emprego.

Valga reúne preto de 600 veciños no seu Encontro da Terceira Idade

Case 600 persoas déronse cita no Encontro da Terceira Idade que organiza o Concello de Valga. É xa a vixésimo sexta edición deste xantar de confraternidade no que se desenvolveron tamén diferentes actividades culturais e lúdicas, como un concerto da banda de música, baile e o sorteo de agasallos. Por suposto, a xornada serviu tamén para o reencontro entre a veciñanza.

Multitudinaria celebración dos 25 anos da banda de música e a radio municipal de...

A banda de música e a radio municipal de Valga celebran o seu 25 aniversario. Para celebralo, no municipio reuníronse unhas 500 persoas, entre seareiros da agrupación musical e oíntes da emisora. Foi nun acto festivo no parque Irmáns Dios Mosquera, no que houbo gastronomía, música e xogos.

O IES de Valga contará a partir do vindeiro curso con tres novos ciclos...

VALGA> O IES de Valga prepárase para a implantación de tres novos ciclos de FP dual. A partir de setembro impartirase nova formación en...

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete