Amicos pon en marcha un proxecto europeo medioambiental centrado no río Umia
A iniciativa inclúe limpezas e a instalación de barreiras que permitan reter plásticos. Os usuarios de Amicos terán un papel clave, como encargados de poñer en marcha e supervisar todo o proxecto. A acción vaise desenvolver no leito do río, ao seu paso polos concellos de Cambados, Meis e Caldas.
Cambados recoñece á adega Martín Códax polo seu traballo a prol da cultura e...
A cooperativa acaba de ser distinguida co Premio da Cultura Galega 2025 que outorga a Xunta, un galardón co que se poñen en valor os 40 anos nos que Martín Códax leva traballando arredor da cultura, a música e o territorio. Trátase da primeira empresa en recibir este premio.
Os socios de Zona Aberta gozarán de vantaxes na súa saúde dental grazas a...
Convenio entre Zona Aberta de Vilagarcía e Vitaldent. A través deste acordo os asociados ao colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade terán vantaxes á hora de coidar a súa saúde dental. A clínica ademais súmase á entidade como novo socio.
‘Si’ de Esquerda Unida a uns ‘malos orzamentos’ para Vilagarcía
Esquerda Unida votará a favor dos orzamentos de Vilagarcía. A formación apunta que son unhas contas que non lle acaban de convencer, pero que van apoialas porque reservan unha partida para a compra da casa dos duques de Terranova, onde propoñen construír unha residencia de maiores. Juan Fajardo fala duns 'malos orzamentos', pero di estar disposto a facer o que haxa que facer para que ese proxecto sexa unha realidade, mesmo incluso aínda que lle custe a súa representación no pleno.
Ribadumia sitúase no mapa internacional do deporte grazas ao Arousa Fútbol 7
Balance máis que positivo do concello de Ribadumia sobre a última edición do Arousa Fútbol 7 celebrada no municipio. O torneo trouxo ata Ribadumia a milleiros de persoas, atraídas polo mellor fútbol base internacional. O campo da Senra converteuse nunha auténtica festa coa gran final entre O Porto e o Valencia. Os portugueses acabaron facéndose co título por segundo ano consecutivo.
A Mancomunidade do Salnés rodéase de expertos para buscar as claves cara a desestacionalización...
A Mancomunidade do Salnés rodéase de expertos para buscar as claves cara a desestacionalización turística. Hoxe o Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu o Foro de Turismo, unha cita dirixida a analizar as diferentes potencialidades da zona para atraer visitantes tamén fóra da tempada alta.
A andaina solidaria do Tinto, en Ribadumia, recadará fondos este ano para Bata
A novena edición da andaina solidaria do Tinto, en Ribadumia, recadará fondos este ano para Bata. A iniciativa vai ter lugar o vindeiro 7 de xuño. Na organización agardan contar cuns 200 participantes, que contribúen na parte solidaria achegando a vontade. A andaina terá un percorrido duns oito quilómetros, facendo un completo percorrido natural pola localidade.
O BNG reclama un estudo técnico sobre a caída da produtividade das rías galegas
A voceira nacional do Bloque mantivo este xoves unha reunión co patrón maior da Confraría de Carril. Logo de escoitar o sector, Ana Pontón demanda un plan de rexeneración para as rías. Tamén defendeu a bonificación das cotas da Seguridade Social aos mariscadores e a posta en marcha de hatcheries públicas e mixtas para garantir semente.
Sanxenxo presume de gastronomía nunha completa edición do ‘Sanxenxo degusta Tapas’
O Sanxenxo degusta Tapas sigue medrando. 26 establecementos van partircipar este ano nesta proposta gastronómica, que acada a súa décimo quinta edición. A cita, organizada polo concello de Sanxenxo, vaise celebrar dende esta venres a ata o 7 de xuño. As tapas terán un prezo único de 4 euros.
Acordo do goberno vilagarcián co BNG para aprobar os orzamentos, que ascenden a 41,6...
Vilagarcía sacará adiante os seus orzamentos para este 2026 grazas a un acordo entre o goberno local e o BNG. As contas ascenden a 41,6 millóns de euros, máis dun 5% máis que o ano pasado. Inclúen un préstamo de 4 millóns de euros. No capítulo de investimentos salienta unha partida de 1,2 millóns de euros para a compra dunha parcela para a construción dunha residencia e centro de día. O alcalde fala dos presupostos máis ambiciosos da historia da cidade.

















