O cociñeiro Paco Caneda ponse á fronte dos fogóns da Festa dos Callos de...
A señora Carmen, que levaba máis de vinte anos encargándose desta encomenda, ten que deixalo este ano por cuestións de saúde. Esa responsabilidade asúmea agora Caneda, moi popular no Salnés por ser un dos mestres do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade. O cociñeiro avanza que manterase ao 100% o sabor dos tradicionais callos de San Bieito. Pero tamén traerá unha novidade: este ano farán tamén unha versión apta para persoas celíacas.
350 ximnastas de toda Galicia participan este sábado en Ribadumia no segundo torneo Grand...
Fin de semana de ximnasia rítmica en Ribadumia. O pavillón da Senra acollerá este sábado a segunda edición do Torneo Grand Jeté. Unhas 350 ximanstas procedentes de 23 clubs de toda Galicia daranse cita nesta xornada. Delas, case un cento pertencen ao club ribadumiense. Na organización prometen un gran espectáculo, no que non faltarán as sorpresas e o terror.
A Copa Aguascalientes reforza os lazos internacionais coa súa participación na Copa Ribadumia
O Salnés e México estreitan lazos a través do deporte. A delegación da Copa Aguascalientes participará activamente na próxima edición da Copa Ribadumia, converténdose nun dos grandes atractivos do torneo. A súa presenza supón un importante impulso ao carácter internacional da competición. O acordo presentado este marts vai máis alá do ámbito deportivo, xa que promove o intercambio cultural, social e formativo entre ambos territorios.
Santa Rita 2026 en Vilagarcía: concerto homenaxe a Alejandro Sanz e as orquestras Kubo...
Santa Rita 2026 en Vilagarcía. As festas prolongaranse do 21 ao 24 de maio. Verbenas, a Feira Celta, actividades para a rapazada e propostas deportivas compoñen a programación deste ano. Na parte musical destaca unha homenaxe a Alejandro Sanz da man de Fran Valenzuela e as actuacións das orquestras Kubo ou Capitol.
Sinda salva as Festas de Caleiro: a Comisión lanza un novo vídeo viral para...
Este ano fixéronse agardar, pero xa están aquí. Os mozos da comisión de Festas de Caleiro, en Vilanova, xa teñen todo listo para a festa de San Isidro Labrador deste vindeiro sábado. Como xa é tradición, para desvelar o cartel publicaron a través das súas redes un vídeo. Este ano seica andaban un pouco desaparecidos, a ver se libraban de facer a festa. Ao final houbo que recorrer a unha das veciñas máis célebres da zona para dar con eles.
O BNG esixe unha ‘folla de ruta’ para asinar co goberno vilagarcián un novo...
O BNG de Vilagarcía condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 a que o goberno local deseñe unha folla de ruta que garanta o cumprimento dos acordos co goberno local. Os nacionalistas din que algunhas das súas achegas en anos anteriores non rematan de materializarse, polo que instan aos socialistas a que se recolla por escrito un calendario cos distintos proxectos e obras.
A UVigo estudará o perfil dos maiores de 65 anos de Sanxenxo para adaptar...
Sanxenxo é o escenario escollido para un estudo pioneiro a nivel estatal. A Universidade de Vigo analizará o perfil físico e sociocognitivo dos veciños maiores de 65 anos. O estudo, financiado polo concello e a Xunta de Galicia, busca analizar o seu estado de saúde, a autonomía e o benestar social, co obxectivo de promover políticas e programas orientados ao envellecemento activo e saudable.
50.000 euros para a rehabilitación da balaustrada e posta a punto do paseo do...
Portos de Galicia executa, por fin, a recuperación da balaustrada do paseo de Vilaxoán. Trátase dunha vella demanda dos veciños da zona, que levan anos denunciando o mal estado da contorna da praia do Preguntoiro. A actuación, cun orzamento de 50.000 euros, inclúe a posta a punto do paseo de titularidade de Portos, reparando danos na beirarrúa e repoñendo o mobiliaroi urbano.
Primeira xornada de folga no metal da provincia de Pontevedra cun seguimento masivo
A folga do metal paraliza o sector. Os sindicatos apuntan que o seguimento desta xornada de paro foi practicamente total en toda a provincia de Pontevedra. En Vilagarcía, a manifestación reclamando melloras no seu convenio atravesou a cidade. Houbo tamén outra marcha en Pontevedra e piquetes en empresas de varios municipios da zona.
O Ruedo, dez anos de boa gastronomía que conquistaron Vilagarcía
Sardiñas, música e un gran reencontro con clientes e amizades de toda a vida. Deste xeito celebrou o asador O Ruedo, en Vilagarcía, o seu décimo aniversario. Nesta década, este local soubo facerse cun nome propio na cidade, en especial, polo seu bo facer co polbo. Outro dos seus pratos fortes son as carnes de vacún, que dende hai dez anos atraen ao Ruedo aos padais máis esixentes de Vilagarcía e a contorna.

















