As obras de restauración da Carballeira de Caldas encaran a súa fase final

As obras de dinamización da Carballeira de Caldas encaran a súa fase final. Hoxe visitou os traballos o subdelegado do Goberno en Pontevedra. Abel Losada recordou que o proxecto se financia cun importe de 1,45 millóns de euros adxudicados polo Ministerio de Industria.

SOS Sanidade Pública pon a Catoira como exemplo de loita veciñal en defensa da...

Mobilización da Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés en Catoira. A concentración tivo lugar ás portas do centro de saúde da vila, con motivo do Día Mundial da Atención Primaria. Alí reivindicaron a importancia da loita social para frear os recortes e recuperar servizos perdidos. Mostra diso, defenderon, as protestas da veciñanza de Catoira, un municipio que leva moito tempo arrastrando problemas no seu ambulatorio e que está recuperando servizos.

A rapazada da ría de Arousa dille ‘si’ ao deporte e ‘non’ ás drogas

Uns 250 mozos e mozas de Vilagarcía, Cambados, A Illa, Vilanova e Rianxo participaron este venres no Panos Brancos contra a droga. Trátase dunha iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca atraer á rapazada cara a hábitos de vida saudable. Neste caso, fomentando deportes como o baloncesto, o atletismo  ou o voleibol.

Galilyo, un proxecto de froita deshidratada con base en Ribadumia que loita contra o...

Kiwi Atlántico prepara o lanzamento de petiscos de froita deshidratada con pezas non comerciais. A empresa, asentada en Ribadumia, leva máis de tres anos traballando nun proxecto centrado na liofilización que permite manter todas as propiedades do produto potenciando o seu sabor. O que buscan dende a compañía é reducir o desperdicio alimentario, tentando xerar na cidadanía novos hábitos de consumo saudables.

A Semana Santa deixa un sabor agridoce en Sanxenxo ao non acadar os datos...

A Semana Santa deixa bos datos en Sanxenxo, pero non tanto como se agardaba. A ocupación media roldou o 73%, un chisco menos do que agardaban os empresarios turísticos do municipio. As consecuencias económicas derivadas da guerra de Irán poden estar detrás destes datos, segundo entenden dente o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

Unha asesoría externa realizará unha auditoría enerxética en Vilagarcía para promover o aforro

VILAGARCÍA> Vilagarcía quere seguir avanzando na eficiencia enerxética. O concello acaba de contratar unha asesoría externa para realizar unha auditoría que promova o aforro...

Concentración en Vilagarcía para reivindicar o dereito a unha vivenda digna

A convocatoria parte da Plataforma Galega Vivenda Xa, que reclama que concellos como o vilagarcián tomen medidas facilitar o acceso a un fogar. Demandan, por exemplo, unha suba do IBI ás vivendas baleiras, a solicitude á Xunta da declaración de zona tensionada, máis control sobre as vivendas de uso turístico ou aumentar a oferta de solo para a construción de vivenda pública.

Milleiros de persoas nunha das edicións máis multitudinaria dos últimos anos da Romaría das...

Multutudinaria romaría das Cabezas, en Meis. O tempo acompañou e milleiros de persoas aproveitaron a xornada para subir ata A Armenteira, para ofrecerse á virxe ou, polo menos, gozar dunha xornada festiva e da gastronomía. Como manda a tradición, moitos fixeron o percorrido a pé nunha cita que supón o arranque do calendario festeiro no Salnés.

Vilagarcía tínguese de azul polo Día do Autismo reivindicando máis dereitos e inclusión

Vilagarcía conmemora o Día do Autismo. O colectivo BATA foi o encargado de ler no concello un manifesto a prol dos dereitos e a inclusión das persoas que padecen este trastorno. Piden que as administracións teñan en conta ás persoas con autismo para crear políticas públicas que ofrezan respostas reais ás súas necesidades. Este xoves, o convento de Vista Alegre da cidade tinguirase de azul para visibilizar o autismo entre a cidadanía.

A primeira ruta de tapas de Caldas supera todas as expectativas e repartir uns...

O mesón Bermaña coróase co primeiro premio da primeira ruta de tapas de Caldas. O evento celebrouse esta pasada fin de semana, converténdose nun gran reclamo para veciños e visitantes que se achegaron ata a vila atraídos polo proposta gastronómica. En catro xornadas repartíronse 5.000 petiscos. A organización, satisfeita coa iniciativa, avanza que haberá segunda ruta de tapas no 2027.

REDES SOCIAIS

40,705FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete