Primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero en Ribadumia coa implicación dos centros educativos
Ribadumia celebra a súa primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero. Trátase dunha ferramenta de coordinación entre os distintos actores implicados na loita contra esta lacra. Na xuntanza participaron representantes da administración a distintos niveis, Garda Civil e membros da comunidade educativa do municipio e do eido da saúde. Neste tipo de mesas faise unha radiografía de cal é a realidade do concello no referente á violencia de xénero, que necesidades presenta e que medidas cómpre tomar para o fomento da igualdade.
Caslua aposta pola construción industrializada para dar resposta ao problema da vivenda
Apostar pola vivenda industrializada para dar resposta á alta demanda. É a proposta que lanza a empresa Caslua. Con sede no Grove, a compañía traballa neste modelo de innovación no sector da construción, que permite optimizar os procesos e abaratar os custos. Esta liña de negocio súmase a outra que a empresa xa ten en marcha: a fabricación de casas cápsula sostible.
Choque total entre Vilagarcía e a Deputación pola perda de medio millón de euros...
O concello de Vilagarcía levará aos tribunais á Deputación de Pontevedra por quedar excluído do segundo Plan Extra. O municipio perdeu unha subvención de máis de medio millón de euros para a reforma das rúas Aduana e Cruz, no Carril. A Deputación argumenta que o proxecto que presentaron era 'incompleto e inexecutable'. Pero dende o goberno local cren que detrás desta decisión hai motivacións políticas e electoralistas. O alcalde fala dun 'cambio de formas' do goberno provincial e mesmo pon en dúbida que Luis López compatibilice a presidencia da Deputación co liderado do PP na provincia.
Vilanova pedirá a extinción do plan de saneamento e controla as súas contas dende...
Vilanova é un concello coa economía saneada. Así o asegura o seu goberno local despois de que se aprobara a liquidación do orzamento do 2025. O exercicio pasado rematou para o concello vilanovés cun aforro neto de 2,5 millóns de euros e 4,5 millóns de débeda a longo prazo. De feito, o alcalde adiantou que a intención é solicitar a extinción do Plan de Saneamento que controlaba o endebedamento municipal dende o 2012. Agora a idea de Gonzalo Durán é que esta boa saúde económica se traslade aos veciños en forma de novos investimentos.
A gran obra de saneamento que está a executar a Xunta en Vilagarcía estará...
Por diante queda aínda unha das actuacións máis complicadas na desembocadura do río do Con. Nesa zona van perforar o leito do río para conectar as distintas canalizacións que rematan nese punto. Estes traballos, dunha gran complexidade técnica, durarán tres semanas agás dificultades técnicas inesperadas.
O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...
Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.
Meis premia o labor de veciñanza e colectivos que contribúen a facer máis grande...
Nesta sexta edición dos Meisinos e Meisinas do ano foron sete os galardoados, dende unha familia moi colaboradora coa Festa dos Callos ata a Coral Xuntanza polo seu trinta aniversario. A alcaldesa destacou que os premiados fan máis grande o municipio, levando o seu nome con orgullo por todo o mundo.
Os veteranos da Selección Galega mediranse ante as lendas do Real Madrid en Ribadumia
A selección galega de veteranos medirá as súas forzas fronte as Lendas do Real Madrid en Ribadumia. O campo da Senra acollerá este xoves un encontro amigable entre os dous combinados. Nomes míticos como Amavisca, Paco Buyo ou Contreras farán vibrar ao público nun partido que se xogará ás 12h do mediodía, aproveitando a xornada festiva.
A remuda xeracional e a regulación das rebaixas, entre as principais preocupacións do comercio...
A remuda xeracional é unha das cuestións que máis preocupa aos asociados de Zona Aberta. Pero non a única. As representantes da asociación aproveitaron a reunión co director xeral de Comercio para poñer sobre a mesa outras reclamacións: a regulación do período de rebaixas ou a ampliación do bono comercio.
Zona Aberta traslada as demandas dos pequenos negocios de Vilagarcía ao director xeral de...
A Xunta de Galicia reforza a colaboración co comercio local de Vilagarcía. Esta mañá, o director xeral de Comercio mantivo un encontro con representantes de Zona Aberta, que aproveitaron a súa visita para trasladarlle algunhas das principais preocupacións do sector. Son, por exemplo, afrontar os retos e impulsar a remuda xeracional.


















